Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Ourense Ourense
18/6/2013 A CIG entregou un escrito en sede xudicial reclamando a non extinción dos contratos xa que a empresa recibiu axudas públicas condicionadas ao mantemento do emprego
Un grupo de traballadores/as da empresa T-Solar de Ourense mobilizouse onte en Vigo convocados pola CIG e a CUT para rexeitar o ERE extintivo que afectará os 170 empregados/as da firma enerxética. Ás 11.00 horas concentráronse diante do Xulgado do Mercantil 3, onde a central nacionalista fixo entrega dun escrito no que se reclama a non extinción dos contratos xa que a firma recibiu axudas públicas condicionadas ao mantemento do emprego, e posteriormente ocuparon as oficinas do grupo Isolux, propietario da empresa.
15/6/2013 A VI Asemblea celebrada este sábado designou tamén os representantes para o Consello Confederal e aprobou o Informe de Xestión da Executiva saínte
A VI Asemblea Comarcal da Confederación Intersindical Galega de Ourense celebrada este sábado baixo o lema “O cambio social conquístase” reelixiu a Etelvino Blanco como secretario comarcal, ao tempo que renovou a Executiva e aprobou o Informe de Xestión presentado pola Executiva saínte. A candidatura de Blanco -que foi a única que concorreu ao proceso ao igual que no caso da Executiva e do Consello- acadou un total de 136 votos a favor e 10 en branco. Pola súa banda, os representantes da Executiva Comarcal foron elixidos por 133 votos a favor, 5 abstencións e 1 nulo.
12/6/2013 Dende a central lembran que as axudas públicas recibidas pola compañía estaban condicionadas ao mantemento do emprego até 2014
A CIG-Metal vén de remitir escritos ás Consellerías de Economía, Traballo e Facenda reclamándolles que insten o Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo a rexeitar a aprobación do ERE extintivo para 170 traballadores/as “en base a que as subvencións e axudas concedidas pola Administración autonómica estaban condicionadas ao mantemento do emprego até xuño de 2014”. A central nacionalista solicita tamén a certificación das axudas, avais e subvencións concedidas pola Xunta á empresa dende o seu inicio até a actualidade.
4/6/2013 A federación do Metal propón pasar o ERE extintivo a temporal para permitir a continuidade dos postos na empresa fotovoltaica situada no Parque Tecnolóxico de Galiza, en Ourense
O secretario nacional da CIG-Metal, Xoan Xosé Bouzas Aboi, compareceu en conferencia de prensa xunto a membros da executiva comarcal da federación en Ourense e traballadores/as da empresa fotovoltaica T-Solar para anunciar o personamento da central nacionalista no proceso concursal e instar á Xunta a pular polo mantemento do emprego.
4/6/2013 A presión dos afectados/as e a sensibilidade dos comuneiros/as evitou que a Xunta lle cedese ao grupo empresarial o antigo psiquiátrico de Toén
Traballadores/as de Amencer Reciclado de Ourense -empresa do grupo Aspanas que emprega a persoas con discapacidade física e intelectual- volveron mobilizarse hoxe, nesta ocasión diante do despacho do administrador único, para esixir o pago dos salarios pendentes e reclamar que o concurso de acredores da compañía sexa declarado culpábel. A presión dos afectados/as e a sensibilidade dos comuneiros/as evitou que a Xunta lle cedese á compañía o antigo hospital psiquiátrico de Toén.
31/5/2013 Denuncian que a Xunta ceda de forma gratuíta os terreos ao grupo empresarial, cando ten pendentes de pago os salarios dende o mes de outubro
Traballadoras e traballadoras de Amencer Reciclado fixeron na mañá deste venres unha toma simbólica do antigo Hospital de Toén para denunciar que continúan sen cobrar os salarios atrasados e as indemnizacións e en rexeitamento da decisión da Xunta de ceder as instalacións de forma gratuíta durante os próximos 50 anos ao grupo empresarial Aspanas –propietario de Amencer Reciclado-, logo de ter despedido a todo o persoal.
28/5/2013 Traballadores/as de Amencer Reciclado péchanse na delegación da Consellería de Sanidade en Ourense para reclamar o pago dos salarios pendentes
Traballadores/as de Amencer Reciclado e delegados/as da CIG realizaron este venres unha protesta no interior da xefatura territorial da Consellería de Sanidade en Ourense para rexeitar o despedimento de todo o cadro de persoal e denunciar que a Xunta lle vai ceder ao grupo empresarial Aspanas -propietario de Amencer Reciclado- o antigo hospital psiquiátrico de Toén de forma gratuíta a pesar de que a empresa continúa sen abonar os salarios pendentes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com