23/5/2013
Concentración na Alameda de 9.00 a 10.00 horas e posterior manifestación polas rúas da vila
Os
traballadores/as afectados/as polo peche da empresa Fabricaciones Metálicas Caldenses (Fameca)
de Caldas de Reis protagonizarán unha mobilización na localidade o luns día 27 en protesta polo despido da totalidade
do cadro de persoal (20 persoas). A concentración terá lugar na
Alameda de 9.00 a 10.00 horas, para a
continuación percorrer en manifestación as rúas de vila e rematar
fronte as instalacións da compañía Beaver Engineering.
22/5/2013
Unha representación dos afectados e da CIG-Mar manterán unha xuntanza este xoves co alcalde de Pontevedra para reclamarlle o seu apoio á mobilización
Os mariñeiros da flota cefalopodeira
galega en Mauritania animan á cidadanía a participar na
manifestación do venres 24 en Marín para reclamar un novo acordo
pesqueiro entre a UE e o país africano que lles permita regresar ao
traballo. Unha representación dos afectados e da CIG-Mar manterá
unha xuntanza co alcalde de Pontevedra para solicitarlle o seu apoio
a unha marcha que partirá da Alameda ás 20.30 horas.
16/5/2013
A marcha sairá da Alameda da localidade morracense ás 20.30 horas
O
alcalde de Bueu e os grupos municipais de Marín confirmáronlle á CIG-Mar e aos mariñeiros da flota
cefalopodeira en Mauritania o seu apoio á manifestación convocada o
venres 24 de maio para reclamar un acordo entre a UE e o país
africano que permita faenar aos barcos galegos. A marcha partirá da
Alameda de Marín ás 20.30 horas.
16/5/2013
Sosteñen que a redución do cadro de persoal prevista non ten sentido tras os datos económicos presentados pola empresa
Os
comités de empresa de Ence nas fábricas de Pontevedra, Huelva e
Navia (Asturies) e das oficinas centrais reclámanlle á dirección
do grupo que retire “a actual pretensión de reducir o cadro de
persoal” xa que as causas económicas e de cambio nas tarifas
eléctricas esgrimidas pola empresa “quedan totalmente refutadas no
comunicado feito público pola propia compañía”.
8/5/2013
A medida terá consecuencias negativas tanto para usuarios/as e pacientes como para os propios traballadores/as
A
federación de Saúde da CIG de Pontevedra vén de denunciar que
aproximadamente o 20% das camas (un total de 113) do Complexo Hospitalario
Universitario de Pontevedra (CHOP) estará fóra de servizo do 1 de
xuño ao 31 de outubro, o que vai afectar negativamente tanto a usuarios/as e pecientes como aos propios/as traballadores/as.
3/5/2013
Este luns día 6 de maio entre as 10.45 e as 12.00 horas dende a Praza da Ferraría
A
marcha rematará cunha festa final que conducirá o actor Pepe
Penabade, na que os alumnos/as do IES de Pontecaldelas serán os
encargados de ler o manifesto gañador do Correlingua. O acto
pecharase coa actuación musical de Balbina, gañadora do Cantalingua.
26/4/2013
Dende a central anuncian que presionarán aos eurodeputados que non voten a favor dun novo acordo que permita o regreso dos nosos barcos
A CIG-Mar asegura que a presenza de barcos cefalopodeiros chineses en augas de Mauritania demostra que a expulsión da flota galega “non foi por un problema de esgotamento dos recursos, tal e como pretenden facerlle crer á opinión pública”. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista anuncian que presionarán a todos os eurodeputados/as que non voten en defensa dos intereses galegos na comisión de Pesca do Parlamento Europeo que se celebra a finais de maio.