4/2/2010
A CIG de Pontevedra xa aprobara no seu V Congreso unha resolución neste sentido e CCOO prefire quedar á marxe
O pasado luns día 1 de febreiro constituíase a Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra da que forman parte asociacións de veciños, organizacións sindicais, políticas, concellos e a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Só CCOO decidiu quedar á marxe. A plataforma fará a súa presentación pública no café Moderno o próximo día 11 de febreiro.
29/1/2010
Demandan solucións reais para as traballadoras e traballadores
O Comité de Empresa de Vigo e Ribadumia achegáronse á Corporación Provincial que celebraba o pleno ordinario do mes de xaneiro. Nesta sesión desde o BNG realizou unha pregunta sobre se a Deputación ten previsto realizar algunha actuación para axudar na complexa situación das catro factorías do grupo Alfageme.
29/1/2010
Animan á realizar actividades co alumnado que axuden a concienciar na necesidade de acabar coas guerras e inxustizas
Desde hai 46 anos conmemórase internacionalmente o 30 de xaneiro o Dia Escolar pola Paz, unha data que quere simbolizar a necesidade de rematar coas guerras e promover valores e actitudes que axuden á resolución pacífica dos conflitos. Diante desta data a CIG Ensinos, un ano máis, fai un chamamento a todo o profesorado para que promova e organice actos nos centros escolares que axuden a promover entre o seu alumnado eses valores e actitudes que permitan acometer a solución dos conflitos do día a día e por medio do diálogo, o intercambio de pareceres e a negociación.
28/1/2010
A CIG convoca folga o 1 de febreiro en Casas Novas e denuncia a actitude a actitude da patronal e das centrais sindicais en Indeza
O xoves 28 de xaneiro ás 11.30 tivo lugar unha rolda de prensa no local sindical da CIG de Pontevedra para dar a coñecer a preocupantes situación que se está a vivir en dúas empresas con sede nesta comarca: Indeza e Casas Novas. Os seus empresarios, moi coñecidos no mundo empresarial, Angel Fernández Presas, dono de Indeza e presidente da APEC, patronal da Construción en Pontevedra, e Ricardo Mirón, dono de Casas Novas e presidente da Cámara de Comercio, anunciaron nos últimos días a súa decisión de presentar expedientes de regulación que afectarían a 43 e 51 traballadores respectivamente, e que terían carácter de extinción. Esta situación complícase ao estar as dúas empresas en concurso de acredores.
28/1/2010
Trasladáronlle as súas demandas ao presidente da Deputación Rafael Louzán
Ás once e media da mañá ducias de bombeiros chegados de boa parte do país presentaban diante do Rexistro da Deputación un escrito no que se resumían todas as súas demandas, expresando deste xeito a súa desconformidade coa precariedade existente nas emerxencias, que son un servizo esencial para a comunidade e cuxa xestión está en mans de empresas privadas. Despois de presentar este escrito ocupaban estas instalacións até que foron atendidos polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
28/1/2010
A CIG considera que a dirección da empresa pretende flexibilizar a produción
A empresa do Metal Gonvarri, que realiza corte de chapas para as auxiliares de Citroën, e que polo tanto é un 2º ou 3º proveedor da automoción, tiña en 2007 110 traballadores. No 2009 aplicou dous ERE's: no primeiro semestre un de 60 días, dos que consumiu 19, e no segundo semestre outro de 40 dias, dos que non consumiu ningunha xornada. Na actualidade hai 85 traballadores, ademais dous están contratados por empresas de traballo temporal e están a realizarse un grande número de horas extras e vaise abrir unha quenda de noite. Neste contexto a empresa xa presentou a posibilidade dun novo ERE para este ano que será estudado en asemblea polo conxunto dos traballadores este sábado.
22/1/2010
Os paros afectarán ás fábricas de Pontevedra, Huelva, Navia e as oficinas pontevedresas e de Madrid
O Comité Intercentros do grupo ENCE vén de convocar folga xeral para os días 18 e 19 de febreiro en contra dos reiterados incumprimentos dos convenios colectivos e acordos, ante a falla de seguridade nos centros de traballo e para demandar un plano estratéxico de xestión empresarial viábel, que garanta o futuro dos empregos. A folga afectará ás fábricas de Pontevedra, Huelva, Navia e ás oficinas centrais de Pontevedra e Madrid.