Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Pontevedra Pontevedra
8/9/2009 As traballadoras manifestaranse desde o seu centro de traballo até o edificio da Xunta en Pontevedra
O martes 8 de setembro tiña lugar unha rolda de prensa no local da UGT de Pontevedra na que o Comité de Empresa de Treves daba a coñecer o contido da reunión mantida co director da factoria de Citroen, Pierre Ianni, o 7 de setembro, asi como a convocatoria dunha nova xornada de folga prevista para o mércores 9 de outubro, e que volverá levar ás rúas de Pontevedra unha nova manifestación das traballadoras de Treves, que ás dez da mañá sairán desde a sede da súa empresa até o Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra, onde insistirán na necesidade da implicación da Administración para acadar unha solución para este conflito.
7/9/2009 Será o luns 7 de setembro ás 8 no Clube Financeiro de Vigo
O director de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni, recibirá o luns 7 de setembro ao Comité de Empresa de Trèves, auxiliar de Citroën que anunciou o peche dunha das súas dúas naves -dedicada ao téxtil- situadas en Pontevedra. Este encontro, que terá lugar ás 20h00 no Club Financeiro de Vigo, responde a unha expresa petición dos traballadoras, para forzar a implicación de Citroën, como cliente da planta da multinacional francesa, no conflito con Trèves.
1/9/2009 Éxito da primeira xornada de folga dos centros da Avenida de Vigo e do Campiño
Desde as cinco e media da mañá as traballadoras e traballadores de Treves da Avenida de Vigo e do Campiño comezaban os piquetes desta xornada de folga polo mantemento do proxecto industrial de Treves nestes dous centros de traballo, e nomeadamente contra o ERE de extinción na Avenida de Vigo, que suporía o despedimento de 133 traballadoras. Despois, ás 10.30 da mañá, o persoal de Treves concentrouse na Praza de América, xunto a delegados/as sindicais da FGAMT-CIG, desde onde sairon en manifestación até ás portas de Citroen, o principal cliente desta auxiliar da automoción, para demandar o seu apoio contra a deslocalización de Treves.
28/8/2009 Será na primeira xornada de folga convocada do mes contra o peche da planta
O venres 29 de agosto tivo lugar no local comarcal da CIG de Pontevedra unha rolda de prensa para presentar o calendario de mobilizacións aprobado polas traballadoras e traballadores de Treves, que se concreta nunha folga para o martes 1 de setembro, data na que convocaron tamén unha manifestación desde a Praza de América, ás 10.30, até a planta de Citroen, onde está previsto que teña lugar unha xuntanza co Clúster da automoción e un representante de PSA. Na rolda de prensa tamén se analizaron as negociacións coa dirección da empresa e a Administración galega, que foi duramente crítica pola súa ausencia e inacción neste conflito.
25/8/2009 Estes 39 traballadores levan cinco meses sen cobrar
Os traballadores da empresa Armarios Alonso, de Sanxenxo presentaron o luns 24 de agosto diante da Consellaria de Traballo un informe contrario ao ERE que afecta á totalidade do persoal e que se presentou, segundo a representación sindical, nunha situación de fraude de lei. De feito, a empresa deu por rematado o período de consultas e negociación sen comunicarllo aos seus empregados, e presentou este expediente de extinción despois de que os empregados denunciaran os seus despidos e a súa situación na Inspección de Traballo.
24/8/2009 A decisión tomouse nunha asemblea xeral masiva que mantiveron o sábado 22 de agosto
O sábado 21 de agosto tivo lugar unha asemblea de traballadoras e traballadores de Treves, cunha asistencia masiva, na que se analizou a situación das negociacións que tiveron lugar as pasadas semanas, e na que se debateu tamén a necesidade de retomar o proceso de mobilizacións. Esta asemblea aprobou a proposta da CIG de convocar un dia de folga en cada semana no mes de setembro. A primeira data para esta convocatoria de folga será o 1 de setembro, coincidindo cunha xuntanza que manterán ás 12.30 da mañá a representación sindical co Clúster da Automoción, na Zona Franca de Vigo.
20/8/2009 Os traballadores levan sen cobrar case cinco meses e coas portas pechadas da empresa desde hai semanas
A CIG-Construción de Pontevedra denunciou que o dono da empresa Armarios Alonso de Sanxenxo rexeitou a proposta do delegado territorial da Xunta en Pontevedra para manter un encontro cos traballadores e coa presenza da administración autonómica como mediadora.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com