19/4/2013
Dende a CIG-Metal acusan á Xunta de organizar unha campaña de propaganda para desmobilizar unha industria en perigo de desaparición
Un grupo de traballadores/as e delegados/as do naval vigués concentráronse hoxe ás portas do edificio da Zona Franca en Bouzas, onde se celebra a feira Empregalia á que acuden milleiros de persoas en busca dunha oportunidade laboral, para reclamar “postos de traballo reais” nun sector fundamental para a comarca. Dende a CIG-Metal acusaron á Xunta de organizar unha gran campaña de propaganda cos supostos contratos con Pemex para desmobilizar unha industria en grave perigo de desaparición que nos últimos anos destruíu máis de 10.000 empregos directos.
18/4/2013
Dende o sindicato anuncian que a partir de agora “todo o que manifestemos sobre a empresa será remitido por escrito a todos os medios de comunicación”
A
CIG quere deixar claro que as informacións sobre a situación
económica da empresa Pórtico publicadas hoxe por un xornal dixital
non se corresponden co manifestado nin dende a federación de
Servizos nin por parte dos delegados/as da central na compañía.
17/4/2013
A central nacionalista celebrou antes unha asemblea para analizar o impacto das últimas medidas do PP e preparar a mobilización do 1º de Maio
Máis de 350 delegados e delegadas da CIG participaron hoxe na protesta convocada pola central nacionalista diante do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Vigo para rexeitar as últimas reformas aprobadas polo Goberno español do PP. Previamente celebrouse unha asemblea para analizar o impacto das medidas sobre a clase traballadora e preparar a mobilización do vindeiro 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora.
16/4/2013
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolveu xa mobilizacións en Santiago, A Coruña, Ferrol e A Guarda
O Instituto de Ensinanza Superior Alfredo Brañas de
Carballo e o IES Rodeira de Cangas protagonizaron este luns 15 de
abril novos peches contra a LOMCE e os recortes no ensino público.
As mobilizacións, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do
Ensino Público, trasládanse hoxe ao CEIP Xesús Golmar de Lalín.
Os encerros continúan o mércores 17 no IES As Mercedes de Lugo.
15/4/2013
A protesta, dunha hora de duración, incluíu unha concentración diante da compañía de telemárketing
A
práctica totalidade dos traballadores e traballadores de Unísono
(390 de 400) secundaron o paro convocado polo comité
de empresa para rexeitar a proposta de mobilidade xeográfica de Vigo
a Madrid. A mobilización, que incluíu unha concentración dunha
hora ás portas da compañía pola mañá, podería ter continuación nos vindeiros días.
15/4/2013
Dende a CIG-Ensino denuncian que o centro de atención a persoas con discapacidade despediu os traballadores/as por reclamaren os seus dereitos laborais
Arredor de 60 persoas participaron esta mañá na primeira das protestas convocadas pola CIG-Ensino diante do centro de atención a persoas con discapacidade San Xerome da Guarda para denunciar que o despedimento de catro traballadores/as constitúe un caso de represión sindical xa que os afectados/as levan tempo opoñéndose os plans da dirección de empeorar as súas condicións laborais. A central nacionalista, que elaborou unha campaña de mobilizacións que inclúe reparto de información entre a veciñanza, levará a cabo concentracións diarias para reclamar a readmisión dos afectados/as.
9/4/2013
A central nacionalista anuncia mobilizacións despois de que a xunta directiva despedise catro traballadores/as por reclamaren o mantemento dos seus dereitos laborais
A CIG denuncia que o despedimento de catro traballadores/as do centro de atención a persoas con discapacidade San Xerome Emiliani da Guarda constitúe un caso de represión sindical xa que os afectados/as levan tempo opoñéndose os plans da dirección de empeorar as súas condicións laborais. Dende a federación de Ensino anuncian o inicio dunha campaña de mobilizacións para esixir a readmisión dos empregados/as que incluirá reparto de información e concentracións diarias diante do centro a partir do día 15.