Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Confederal
9/2/2012 Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con carácter de urxencia.
7/2/2012 A conferencia sindical celebrada este martes en Compostela aprobou por aclamación a mobilización
O secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
6/2/2012 Arredor de 400 dirixentes da central nacionalista participarán na xornada de análise que se celebra este martes día 7 en Santiago de Compostela
A CIG celebra unha conferencia sindical nacional en Santiago de Compostela este martes 7 de febreiro na que arredor de 400 as dirixentes da central nacionalista debaterán o contexto político sindical e laboral e as alternativas fronte á crise do sistema capitalista. As conclusións que se tiren do encontro marcarán o traballo a desenvolver nos vindeiros meses.
6/2/2012 O traballo inclúe entrevistas a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva
A Fundación Moncho Reboira-Fesga presenta un traballo audiovisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME (“II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva”). Inclúe entrevistas con Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.
3/2/2012 Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
2/2/2012 O noso país sumou 13.000 parados e paradas máis o mes pasado, o que o converte no peor xaneiro dende hai tres anos
As cifras do paro en Galiza seguen a superar máximos históricos. O mes pasado 13.050 persoas perderon o seu emprego no noso país, o que o converte no peor xaneiro dos últimos tres anos. O total de parados/as é de 271.284, un 10% máis que no mesmo período de 2011.
27/1/2012 Segundo a EPA, Pontevedra foi a provincia que máis emprego destruíu, mentres que Vigo rexistrou o 33% dos novos parados/as de todo o País no último trimestre de 2011
Os datos da EPA coñecidos este venres volven revelar o deterioro progresivo e imparábel do mercado laboral, así como a ineficacia das medidas impostas polos gobernos galego e español baseadas nas políticas de austeridade, a contención do gasto público e dos salarios. Galiza rematou o ano con 71.800 fogares con todos os seus membros no paro, case 10.000 vivendas máis afectadas que no mesmo período do ano anterior. Dramáticos resultan tamén os datos da cidade de Vigo que, no cuarto trimestre de 2011, sumou o 33% do total dos/as 10.600 novos desempregados/as de todo o País.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com