Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Confederal
25/5/2013 No documento analízase a situación da clase traballadora no contexto da crise e debúllanse as alternativas da CIG para enfrontar as súas consecuencias
O VI Congreso Confederal da CIG aprobou por ampla maioría na sesión desta tarde o relatorio de Acción Sindical, no que se analiza a situación da clase traballadora galega no marco da actual crise sistémica e se formulan as alternativas da CIG para enfrontar a grave problemática social e laboral que está a provocar. O documento que definirá a folla de ruta a seguir pola central nacionalista nos vindeiros anos contou cun total de 370 votos a favor, 14 en contra e 13 abstencións. A continuación Suso Seixo presentou as candidaturas á Executiva Confederal e á Secretaría Xeral.
25/5/2013 Fíxase o obxectivo de reforzar a organización, unificar federacións, prestar especial atención a desempregadas/os, pensionistas e incrementar a participación de mulleres
A primeira hora da tarde debateuse o relatorio de Organización, que foi aprobado por 354 votos a favor, 1 en contra e 30 abstencións. De seguido debatéronse as modificacións estatutarias, que foron referendadas con 457 votos a favor, 1 en contra e 20 abstencións superando amplamente a maioría absoluta requirida para que saísen adiante as devanditas modificacións.
25/5/2013 A constitución da Mesa do Congreso foi referendada con 476 votos a favor, 4 en contra e 11 abstencións
O informe da Executiva Confederal foi aprobado, tras do seu debate, con 430 votos a favor, 5 en contra e 61 abstencións. Na súa presentación, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denunciou que as políticas que se están a promover fronte a crise, desde as institucións económicas e políticas, teñen como obxectivo “afondar no modelo de capitalismo neoliberal; incrementar os beneficios do capital, pola vía da transferencia de recursos públicos e rendas do traballo; desmantelar o chamado estado do benestar, desregular as relacións laborais e deixar á clase traballadora e ás súas organizacións de clase nunha situación de debilidade fronte a burguesía”.
25/5/2013 Considera que dadas as circunstancias ““se de nós dependera estariamos en folga xeral mañá mesmo” e denuncia que o pacto social desmobiliza e debilita fronte aos ataques do capital
Ao inicio do Congreso, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo compareceu ante os medios de comunicación para adiantar os contidos dos debates que se van a dar nestas dúas xornadas e o sentido das resolucións a adoptar. Debates que xirarán arredor das políticas promovidas desde a UE e que están a aplicar os gobernos español e galego e as súas consecuencias; as alternativas que defende a CIG; a necesidade de reforzar a organización sindical para mellor enfrontar esta situación e a necesidade de soberanía para aquelas institucións onde realmente reside, nomeadamente o parlamento de Galiza.
25/5/2013 Participan 682 congresistas, 25 organizacións internacionais e 26 delegacións de organizacións políticas, sociais e culturais de Galiza
Pasadas as 10:30 horas deste sábado daba comezo o VI Congreso coa benvida do secretario comarcal da CIG de Compostela, a proxección dun vídeo no que se fai un percorrido polos conflitos e mobilizacións que centraron a actividade sindical durante estes catro anos, facendo especial fincapé nas folgas xerais, e a actuación musical do Conservatorio Histórico Artístico de Santiago. De seguido votouse o regulamento congresual que foi aprobado sen ningún voto en contra e cunha única abstención.
23/5/2013 O acto de clausura do VI Congreso terá lugar o domingo, día 26 de maio, ás 11:30 horas
Delegacións de numerosas organizacións políticas, sociais, sindicais, estudantís, culturais ou de defensa dos dereitos civís, entre outras, confirmaron xa a súa asistencia ao VI Congreso da CIG, que terá lugar esta fin de semana e que ten previsto o seu acto de clausura para o domingo, día 26 de maio, ás 11:30 horas.
23/5/2013 Está encabezada por Suso Seixo, que tamén é o único candidato á Secretaría Xeral
Este xoves remataba o prazo para a presentación de candidaturas á Executiva Confederal e á Secretaría Xeral, a elixir no VI Congreso da CIG que terá lugar os días 25 e 26 de maio en Compostela. En ambos os casos presentouse unha única candidatura que foi acordada polas distintas sensibilidades actuantes na central sindical. A da Executiva Confederal está encabezada polo actual secretario xeral, Suso Seixo, que tamén é o único candidato á Secretaría Xeral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com