22/5/2013
A asistencia de delegacións de múltiples países constata o recoñecemento internacional que ten acadado a central sindical
Organizacións
sindicais de Europa, África e América acompañarán á CIG no seu VI Congreso, o
que constata o recoñecemento internacional que a central sindical ten malia ser
unha organización da clase traballadora dunha nación sen estado. Xunto ás delegacións das organizacións sindicais de distintos países
participan tamén organizacións de carácter internacional como a FSM (Federación
Sindical Mundial) e a CSPLP, (Confederação Sindical dos Países de Lingua Portuguesa).
21/5/2013
Cuestionan a actitude da Xunta de Galiza pola súa “incompetencia” para afrontar a situación atendendo aos intereses do país
Unha representación
das Executivas da CIG e do BNG celebraron este martes unha reunión conxunta
para avaliar a situación económica, social e laboral do país. Ao remate da
xuntanza Xavier Vence
e Suso Seixo manifestaron a coincidencia nas análises e a intención de ambas as
dúas organizacións de impulsar mobilizacións para reclamar outras políticas
económicas, industriais e financeiras. En concreto sinalaron a folga xeral
comarcal convocada en Ferrolterra para o vindeiro 12 de xuño, unha convocatoria
que, segundo adiantou Seixo, a CIG quere impulsar tamén en Vigo.
20/5/2013
Baixo o lema “É necesario, é posíbel. Organización, loita, soberanía”
A vindeira fin de semana
celebrarase en Compostela, o VI Congreso da Confederación Intersindical Galega,
no que participarán un total de 682 congresistas: 540 delegadas/os elixidas/os
polas distintas federacións nas comarcas; 136 membros do Consello confederal e
6 da Comisión de Garantías. Está xa confirmada a presenza de 25 delegacións
internacionais. O lema escollido pola central sindical “É necesario. É posíbel.
Organización, loita, soberanía”, sintetiza os principais elementos a debate.
16/5/2013
Suso Seixo lembra que todos os acordos acadados até o de agora entre patronal, sindicatos estatais e goberno supuxeron recortes de dereitos laborais e retrocesos sociais
Delegadas/os da CIG concentrábanse en
distintas comarcas do país para denunciar que a pretensión dos sindicatos
estatais de acadar un novo pacto social sentando con Mariano Rajoy e a patronal
é unha fraude porque, até o de agora, eses acordos só supuxeron retrocesos de
dereitos laborais e sociais. Fronte a iso, a central sindical demanda a
dimisión do goberno e a convocatoria dun novo proceso electoral para que forzas
políticas que están do lado da clase traballadora sexan maioría nos Parlamentos
e que se muden as políticas antisociais e antiobreiras postas en marcha nos
últimos anos.
15/5/2013
Insta a que se revisen os convenios coas entidades antiabortistas comprobando se con eses cartos están financiando a campaña propagandística para que se reforme a actual lei
A CIG participou na concentración convocada en defensa dos dereitos sexuais e
reprodutivos da muller ás portas do Parlamento con motivo da
presentación dunha Proposición non de Lei rexistrada polo BNG sobre a Contrarreforma
da Lei do Aborto. Un debate parlamentar no que o Partido Popular se pronunciou
abertamente a favor do Anteproxecto de lei de Modificación da Lei do Aborto impulsado
por Gallardón, cos mesmos argumentos que os exhibidos polo movemento Hazte Oír, Derecho a vivir, iniciativas como Borra el aborto e organizacións financiadas con cartos públicos da Xunta de Galiza como é o caso de Red Madre.
6/5/2013
Hai 12.463 persoas desempregadas máis que no mesmo mes do ano pasado, o que supón un incremento interanual do 4,62%
Ante a
crítica situación do emprego, a CIG demanda un “radical cambio nas políticas
económicas dos gobernos do Partido Popular, en Galiza e no Estado”. Antonio
López Rivera, secretario confederal de Emprego e Industria sinala que no pasado
mes de abril rexistráronse 290.459 desempregados/as nas oficinas de emprego, apreciándose
un “levísimo” descenso no paro de tan só o 0,25%. Porén, subliña que hai 12.463
desempregados/as máis que en abril de 2012, o que supón un incremento do 4,62%.
26/4/2013
28 de abril “Día mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo”
A seguridade e a saúde
laboral, son dereitos fundamentais e polo tanto esenciais e innegociables para
o conxunto da clase traballadora. Ámbolos dous conceptos van intimamente
ligados e son directamente interdependentes das condicións de traballo establecidas.
Neste senso, a actual reforma laboral do goberno do PP consagrouse coma unha
elección política e ideolóxica, no marco dun modelo social e económico
ultraliberal, que deixou de feito desprotexida e indefensa á maioría social
traballadora, perante ao poder absoluto outorgado aos empresarios para desregular
e impoñer de xeito unilateral as condicións de traballo nas relación laborais.