Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Confederal
7/3/2013 Preténdeselle recoñecer así o seu protagonismo na conformación dos primeiros xermolos sindicais que deron pé ao que hoxe é a CIG
No propio acto de entrega dos Premios do Día da Clase Obreira Galega e 8 de Marzo, Día Internacional da Muller traballadora, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, anunciou o cambio oficial de nome da Fundación FESGA polo de Fundación Moncho Reboiras Reboiras para o Estudo e Divulgación da  Cuestión Social e Sindical en Galiza.
7/3/2013 Margarida Corral asegura que “non imos nin un só retroceso máis nos nosos dereitos”
Na VII Edición do Premio 8 de Marzo, a Secretaría da Muller da CIG outorgou este recoñecemento a para Berta Castaño Torrado, delegada da CIG no Comité de Empresa da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, que vén padecendo unha situación de acoso moral e represión sindical no seu centro de traballo desde hai máis de dous anos, que foi despedida durante o seu embarazo e que tivo que ser readmitida no seu posto de traballo.
7/3/2013 Ante os ataques á clase traballadora Suso Seixo aposta por “máis traballo sindical, máis presenza nos centros de traballo, máis organización e máis conflitividade”
A CIG celebrou esta xoves a VII Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que se recoñeceu ás traballadoras e  traballadores de Einsa, empresa de Artes Gráficas de As Pontes, pola súa loita exemplar ao conseguir, logo de 25 días de folga indefinida, minimizar o impacto da reforma laboral. Na súa intervención, o secretario xeral da CIG, alertou das consecuencias que terá este mesmo ano a aplicación da reforma da negociación colectiva, xa que até 400.000 traballadoras e traballadores poderían perder as súas actuais condicións laborais e salariais. Ante isto, apostou por “máis traballo sindical, máis presenza nos centros de traballo, máis organización e máis conflitividade”.
7/3/2013 A central sindical considera que non poden estar nun mesmo plano a sanidade pública e a privada
Esta mañá celebrouse, na sede da CIG en Compostela, unha xuntanza entre representantes da Asociación de Hospitais Privados de Galiza (Ahospgal), nomeadamente o seu presidente, Justo Jorge López e o seu secretario, Manuel López-Pardo e en representación da central sindical o secretario xeral, Suso Seixo, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
6/3/2013 Considera que os cambios impulsados no país sudamericano "teñen a suficiente dimensión para ser irreversíbeis"
A Executiva Confederal da CIG fixo público un comunicado en solidariedade co pobo venezolano con motivo do falecemento do Presidente e Comandante da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Rafael Chávez Frías.
5/3/2013 A taxa de paro sería do 26,5% de computarse as 77.000 persoas que tiveron que emigrar, na súa maioría menores de 35 anos
Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo en todas as cidades, a central en Ferrol, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”. Xunto a isto e seguindo a tradición dos últimos anos, a central sindical celebrará un acto, o día 7 de marzo, no que se fará entrega dos Premio 10 de Marzo e 8 de Marzo, a aqueles conflitos laborais que salientaran no ano anterior pola súa defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres e da clase traballadora en xeral.
5/3/2013 A diminución do número de contratos rexistrados denota un preocupante descenso da actividade
O paro en Galiza suma e segue achegándose cada vez máis ás 300.000 persoas. No mes de febreiro rexistráronse un total de 292.823 desempregados/as, 2.033 máis que no mes anterior e 18.148 máis que no mes de febreiro de 2012. Os datos denotan ademais un preocupante descenso da actividade, xa que os contratos asinados diminuíron nun 24,36% respecto do mesmo mes do ano pasado e un 7,57% respecto de xaneiro. O desemprego acada cifras escandalosas, que aínda o serían máis de computarse as miles de persoas que tiveron que emigrar, durante este período.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com