9/3/2010
A CIG denuncia que se están a aplicar polÃticas neoliberais coas que se pretende que a crise a pague a clase traballadora
A Confederación Intersindical Galega celebrou este mediodÃa, a cuarta edición do Premio do DÃa da Clase Obreira Galega. Un acto de confraternidade no decurso do cal a central sindical recoñeceu ás traballadoras e traballadores de Caramelo, que protagonizaron o conflito que máis sobresaÃu no ano 2009, polo seu exemplo como loita sindical na defensa dos postos de traballo, na defensa dos seus dereitos como clase e na defensa da súa dignidade. Unha loita que a CIG agarda que sirva como exemplo para o futuro.
9/3/2010
Concentráronse en apoio ás traballadoras da Cruz Vermella, diante da Confederación de Empresarios e pola readmisión de Nélida Pisco
Ao longo do noso paÃs tiveron lugar distintas concentracións e mobilizacións convocadas pola Secretaria da Muller da CIG no 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora, e nas que se portaron faixas co lema "Loitando polos nosos dereitos", e que nas distintas comarcas tiveron obxectivos distintos da convocatoria, segundo a realidade de cada zonae os principais problemas ou conflitos detectados con perspectiva de xénero .
8/3/2010
A SecretarÃa da Muller da CIG alerta do freo nos avances na conciliación, pola drástica redución de fondos públicos
No ano 1997 as mulleres representaban o 38% das persoas ocupadas en Galiza. Hoxe son o 45%. Maioritariamente, o 81%, desenvolven o seu labor nalgunha das actividades do sector servizos, que polo momento é o menos afectado pola crise. De como evolucione dependerá que esta afecte máis ou menos ao emprego feminino. Porén, este emprego caracterÃzase por maior rotación, maior temporalidade, maior proporción de xornadas a tempo parcial e menor presenza en ocupacións mellor remuneradas, o cal ten un claro reflexo nos ingresos.
5/3/2010
A SecretarÃa da Muller da CIG denuncia que a patronal se escudou na crise para precarizar as condicións nas que as mulleres desenvolven o seu traballo
A SecretarÃa da Muller da CIG celebrou hoxe, no marco dun xantar de confraternidade, o acto de entrega do Premio do DÃa Internacional da Muller Traballadora, que foi outorgado ás traballadoras de Tréves, pola súa loita en defensa dos postos de traballo e contra a deslocalización da empresa.
5/3/2010
Será en Vigo, fronte ao Hospital ás 12.30
A Secretaria da Muller da CIG de Vigo decidiu convocar unha concentración na data do 8 de marzo, dia Internacional da Muller Traballadora, diante do Hospital da Cruz Vermella, na rúa Cánovas del Castillo, ás 12.30 para amosar a solidariedade co persoal deste centro sanitario, que son na súa imensa maiorÃa mulleres traballadoras.
5/3/2010
Realizan un chamamento á mobilización das traballadoras e traballadores da comarca
O 5 de marzo tivo lugar unha rolda de prensa convocada para presentar a campaña do 10 de marzo, en defensa das pensións e para a posta en andamento de polÃticas alternativas fronte a crise, e contra a reforma laboral e o aumento da idade da xubilación, e a manifestación do 10 de marzo, Dia da Clase Obreira, que percorrerá Vigo nesa data ás 20 da tarde. Participaron o secretario comarcal da CIG de Vigo, SerafÃn Otero, e unha representación da Executiva Comarcal.
5/3/2010
As/os interesados/as poderán anotarse até o lúns 8
A Unión Local da CIG de Valdeorras porá a disposición da xente desta localidade un autobus de balde para participar na mobilización do 10 de marzo en Ourense. O persoal interesado poderá anotarse até o lúns 8 ata as 20:00 horas no local da central no Barco ou chamando por teléfono: 988 321 511.