20/1/2010
Diante do resultado da Auditoría a Caixa Galicia e Caixanova presentado esta mañá pola Xunta
Diante da presentación dos resultados da auditoría a Caixa Galicia e Caixanova, presentado esta mañá pola conselleira de Facenda, e á espera de coñecer o contido da mesma, a CIG solicitou a apertura inmediata dun proceso de negociación destinado a minimizar o impacto sobre o emprego que vai supor a fusión das dúas entidades, así como para homologar e garantir as condicións laborais do persoal. Dende a CIG tense denunciado que o persoal das caixas de aforros deberá asumir as consecuencias dunha xestión cuestionábel por parte das direccións, ante as que tamén se esixirán medidas.
20/1/2010
Estudará medidas xudiciais polas “calumnias e difamacións” do PP e anuncia que rexeita reunirse con Anxo Lorenzo
Queremos Galego vén de facer un último chamamento ao conxunto da sociedade a que respalde as mobilizacións convocadas so o lema “Paremos o decretazo contra o galego”, que terán o seu acto central na manifestación que sairá este xoves, día 21 de xaneiro, ás 11.30 h da Alameda de Santiago de Compostela. Alén diso, anuncia que “estudará emprender medidas xudiciais” contra o Partido Popular de Galiza polo “delirante” comunicado que vén de facer público, no que se acusa á plataforma de condutas delitivas.
A plataforma cidadá considera que só o “pánico do PP e do goberno ao
éxito xeneralizado da folga de mañá pode explicar un comunicado así” e
recoméndalle aos populares que “substitúan as mentiras, as acusacións
falsas e os insultos pola procura de camiños que permitan recuperar os
consensos básicos que eles mesmos racharon unilateralmente”. Queremos
Galego reclámalle aos dirixentes do PP que “reflexionen e escoiten á
sociedade”, pois “se se botan ao monte contra a lingua do país,
estaranse a botar ao monte contra toda a sociedade galega”.
20/1/2010
Foi subscrito por xuíces, fiscais, avogados e profesores universitarios
O dereito á educación non está suxeito ao voto das familias; o ensino obrigatorio debe garantir un coñecemento igual do galego e do castelán; as linguas estranxeiras non son linguas oficiais; o galego é unha lingua propia do ensino en Galiza e o ensino en galego está amparado polo Dereito Internacional. Estas son algunhas das conclusións máis salientábeis do documento presentado, en rolda de prensa, por un grupo de xuristas tras analizar, do punto de vista xurídico, as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”.
18/1/2010
A candidatura para a Executiva renovou a metade dos seus membros
O sábado 16 de Xaneiro tiña lugar no Pazo da Cultura o V Congreso Comarcal da CIG de Pontevedra, que baixo o lema "Avanzamos contigo" supuxo unha renovación dos organismos comarcais, elixiu os e as representantes no Consello Confederal e marcou as liñas mestras de acción sindical para os próximos catro anos, dentro dun contexto de crise económica e grande conflitividade entre capital e traballo. Con 143 votos a favor e 8 en contra, Rafa Iglesias saía re-elixido para os próximos catro anos como secretario comarcal.
17/1/2010
Conseguiuse candidatura de consenso para o Consello Confederal e a Executiva Comarcal
O sábado 16 de xaneiro tiña lugar o V Congreso da CIG de Ourense, que baixo o lema “Loitar para avanzar” reuniu aos delegados e delegadas escollidas nas distintas federacións para elixir as persoas que comporán os organismos confederais en representación da comarca ourensá. Nesta cita conseguiuse unha candidatura de consenso, que aposta pola unidade e pola renovación, asi como pola necesaria participación de máis mulleres nos organismos.
15/1/2010
Rafa Iglesias, actual secretario comarcal, encabeza a candidatura presentada para conformar a nova Executiva
A CIG da comarca de Pontevedra renovará os seus organismos de dirección e definirá as liñas de traballo que centrarán a dinámica sindical nos próximos catro anos, no seu V Congreso, que terá lugar este sábado, día 16 de xaneiro, en Pontevedra. Rafa Iglesias, actual secretario comarcal, encabeza unha candidatura á Executiva, na que se renovan máis da metade dos seus membros.
14/1/2010
Continuará como secretario comarcal da CIG Etelvino Blanco
O xoves 14 de xaneiro deuse a coñecer en rolda de prensa os nomes das persoas que forman parte da única candidatura presentada en prazo para presentarse e ser elixida no V Congreso comarcal da CIG de Ourense, que terá lugar este sábado 16 de xaneiro desde as 10 da mañá, e do que participarán 200 delegados/as. Na sesión de clausura, que terá lugar, a unha da tarde participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, asi como o secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, que opta a ser re-elixido.