Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Confederal
18/12/2009 Representantes de diversas entidades que conforman a plataforma oarticiparon nun acto simbólico na oficina de Correos de San Caetano
Tras coñecerse que Alberto Núñez Feijóo rexeita manter un encontro con Queremos Galego, representantes das diversas entidades que conforman a plataforma cívica, entre elas a CIG, e persoas a título individual concentráronse esta mañá na oficina de correos dos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, para enviaren simbolicamente os primeiros dos 50.000 postais que desde hoxe e ao longo de todo o Nadal distribuirán masivamente en todas as comarcas galegas. Estender “a inmensa marea social en defensa do galego” por todo o país e “obrigar” o presidente cando menos a que escoite “o sentir dunha ampla maioría social” en defensa “do idioma de todas e todos”, eis os obxectivos que se marcan.
16/12/2009 O manifesto solidario pódese asinar a través da páxina web da Confederación
A CIG vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saharauí Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental. O manifesto de apoio pódese asinar dixitalmente a través da web da CIG pinchando no banner superior da páxina de inicio ou a través do enlace que atoparás ao final desta nova.
15/12/2009 Repartíronse 1.000 follas informativas
CIG-Mocidade de Vigo iniciou o 13 de decembro unha serie de concentracións contra o consumismo e a explotación laboral no Nadal que leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!”. A campaña está a ser difundida coa colada de 400 cartaces e co reparto de 3.000 follas informativas. CIG-Mocidade anima a non mercar os domingos e festivos e a deixar de acudir aos centros comerciais como unha forma de lecer.
15/12/2009 A ampliación aos 60 dias de internamento nos centros de detención de inmigrantes e as trabas para o reagrupamento son o máis criticado desta reforma
O pasado domingo entrou en vigor a última reforma da Lei de estranxeiría, logo de que o pleno do congreso dos deputados, aprobara o 26 de novembro a reforma da Lei Orgánica sobre dereitos e libertades dos estranxeiros no Estado e a súa integración social, logo de introducir as enmendas do senado e proceder a votación conxunta do texto.
14/12/2009 Convocada para o próximo mércores, día 16 de decembro, en Compostela
As federacións da Área Pública da CIG veñen de convocar unha concentración de delegados e delegadas para o vindeiro mércores, día 16 de decembro, ás 11:30 horas diante do Parlamento de Galiza baixo o lema “Polo cumprimento dos acordos. Non á perda do poder adquisitivo”. CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde denuncian que o goberno acordou cos sindicatos estatais unha suba do 0,3% e que o goberno da Xunta, pola súa banda, suspendeu os acordos retributivos sectoriais comprometidos coas organizacións sindicais.
14/12/2009 A plataforma interpreta como “un mal síntoma” que “o presidente da Xunta non queira nin escoitar”
Nunha carta enviada como resposta á solicitude de entrevista por parte de Queremos Galego, o presidente da Xunta rexeita reunirse cunha plataforma que conta co apoio de 600 entidades, entre elas a CIG, e que convocou unha das tres maiores manifestacións da historia democrática de Galiza, cunha participación estimada pola policía en 50.000 persoas e polos organizadores en 100.000.
14/12/2009 Foi obrigada polas forzas policiais españolas, contra a súa vontade e sen documentación, a entrar no estado español
A Confederación Intersindical Galega considera que as accións realizadas polos gobernos de Marrocos e do estado español a través dos seus axentes e autoridades actuantes directamente vulneran a legalidade internacional, a lexislación interna de ambos os dous países e os dereitos humanos de Aminetu Haidar, tal e como teñen manifestado diferentes gabinetes xurídicos, organizacións de defensa dos dereitos humanos e grupos de apoio á activista saharaui Aminetu Haidar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com