Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
Confederal
9/11/2012 A marcha, na que participará o secretario xeral da CIG, partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas e rematará en Praza América
A cidade de Vigo é o escenario escollido pola CIG para celebrar a manifestación central das once convocadas por toda Galiza coincidindo coa xornada de folga xeral do vindeiro mércores 14 de novembro. Tal e como adiantaron hoxe os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT en rolda de prensa, a marcha conxunta partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas para rematar en Praza América. Ademais, haberá mobilizacións en Pontevedra, Lugo, A Coruña, Ourense, Santiago, Ferrol, Vilagarcía, Burela, Ribeira e Monforte.
6/11/2012 Anuncia que no caso de non modificarse interporá recurso
A CIG trasladou esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza para a folga do día 14 de novembro por considerala arbitraria, desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.
5/11/2012 Un 42,1% das persoas desempregadas non cobran ningún tipo de prestación
En Galiza ha xa un total de 267.812 persoas desempregadas. A cifra ascende a 285.196, se se inclúen o total de demandantes de emprego non ocupados (DENOS) que, aínda sendo parados/as, están realizando, por exemplo, un curso de formación e, polo tanto, non se computan. A CIG considera que estes datos son alarmantes, máis tendo en conta que un 42,1% das persoas desempregadas non están cobrando ningunha prestación. O panorama é, para a central sindical, desolador e o perigo de exclusión social e pobreza de miles de galegas e galegos é cada vez maior.
2/11/2012 A Área Pública da CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento e lembra que xa o denunciara cando se aprobou a última Reforma Laboral
O pasado 30 de outubro publicábase no BOE o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, no que se desenvolve o procedemento de despedimento colectivo a aplicar nas administracións públicas (Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro).  Unha medida aprobada polo goberno do PP á que a Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) manifesta a súa máis rotunda oposición, porque supón acelerar o proceso de desmantelamento dos servizos públicos e provocar unha masiva destrución de emprego. Por iso, fan un chamamento a todas as empregadas/os públicos a sumarse masivamente á folga xeral convocada para o vindeiro día 14 de novembro.
31/10/2012 Contra as políticas de recortes, a reforma laboral e en demanda de políticas radicalmente distintas, que reactiven a economía produtiva pagando máis quen máis teñen
Os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT formalizaron esta mañá, no rexistro xeral da Xunta de Galiza, en San Caetano, a presentación da convocatoria de folga xeral para o día 14 de novembro, coincidindo coa data na que están convocadas folgas xerais e mobilizacións noutros países da periferia da UE. Quérese así dar unha resposta masiva contra as políticas de recortes, exixir a retirada da reforma laboral e demandar outras políticas económicas que procuren a reactivación da economía.
26/10/2012 Coincide coa convocatoria a nivel de estado con CCOO e UGT e noutros países periféricos da UE como Portugal
O Consello Confederal da CIG vén de ratificar a decisión da Executiva de convocar folga xeral para o 14 de novembro, coincidindo coa data acordada noutros países da periferia europea, como Portugal, e a nivel estatal, con CCOO e UGT. O Consello Confederal reitera a necesidade de continuar coa mobilización social dada a dureza das políticas do PP e do seu carácter “profundamente antisocial e antiobreiro”.
26/10/2012 Todo o emprego que se creou na tempada estival foi temporal
Segundo os datos da EPA que se veñen de facer públicos, hai en Galiza 37.500 parados máis que hai un ano. O sector máis castigado é o de Industria, onde baixou a ocupación, respecto do mesmo período de 2011, en 18.000 persoas. Se ben durante o período estival, a ocupación incrementouse en 14.000 persoas, todos os contratos foron temporais e de tempo determinado. De feito, respecto do ano pasado, hai case que 19.600 persoas ocupadas con contrato indefinido menos. Para a CIG, estes datos son especialmente graves, porque constatan que se está a destruír emprego neto e que o único que se crea é temporal e en precario.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com