14/11/2012
En todos os casos saliéntase a masiva participación
As galegas e
galegos botáronse á rúa nesta xornada de folga xeral. Literalmente. En moitos
casos as e os manifestantes quedaron colapsados, sen poder moverse atrás ou diante.
Noutros, a cabeceira chegara ao punto de remate, cando a cola non saíra do punto
de partida. Así as cidades e vilas galegas, que abriron o día sen actividade
algunha, coas industrias e os comercios pechados, foron un fervedeiro humano a
mediodía na que foi unha xornada de folga xeral que a CIG cualifica de éxito rotundo.
13/11/2012
Considera que o decretado en materia de transportes é “desmedido e desproporcionado”
A Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolveu,
mediante un auto notificado na tarde deste martes, a petición da CIG de suspensión
cautelar dos servizos mínimos acordados para a folga xeral do 14 de novembro,
por seren desproporcionados e carentes de motivación. O alto tribunal galego critica que a Xunta demorase até dous días antes do comezo da folga a publicación no DOG dos servizos mínimos, o que dificulta a tutela xudicial do dereito fundamental.
9/11/2012
Coinciden en valorar como imprescindíbel unha contundente resposta social fronte as políticas que está a adoptar o PP
O secretario xeral da CIG,
Suso Seixo, mantivo esta mañá un encontro co portavoz nacional do BNG,
Guillerme Vázquez, para analizar a crítica situación socioeconómica e laboral
que padecen as traballadores e traballadores galegos e para facer un chamamento
conxunto a participar masivamente na folga xeral do 14 de novembro, que a
organización política nacionalista acordou apoiar e secundar. Seixo alertou da
pretensión de rebaixar até nun 30% os salarios, so pretexto de favorecer a competitividade,
e Vázquez acusou de “asasinos” a quen en defensa dos intereses da banca permiten
os desafiuzamentos, que hoxe mesmo tiveron como consecuencia un novo suicidio
en Barakaldo.
9/11/2012
A marcha, na que participará o secretario xeral da CIG, partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas e rematará en Praza América
A cidade de Vigo é o escenario escollido pola CIG para celebrar a manifestación central das once convocadas por toda Galiza coincidindo coa xornada de folga xeral do vindeiro mércores 14 de novembro. Tal e como adiantaron hoxe os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT en rolda de prensa, a marcha conxunta partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas para rematar en Praza América. Ademais, haberá mobilizacións en Pontevedra, Lugo, A Coruña, Ourense, Santiago, Ferrol, Vilagarcía, Burela, Ribeira e Monforte.
6/11/2012
Anuncia que no caso de non modificarse interporá recurso
A CIG trasladou
esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola
Xunta de Galiza para a folga do día 14 de novembro por considerala arbitraria,
desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este
borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do
dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración
galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un
cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.
5/11/2012
Un 42,1% das persoas desempregadas non cobran ningún tipo de prestación
En Galiza ha xa un
total de 267.812 persoas desempregadas. A cifra ascende a 285.196, se se
inclúen o total de demandantes de emprego non ocupados (DENOS) que, aínda sendo
parados/as, están realizando, por exemplo, un curso de formación e, polo tanto,
non se computan. A CIG considera que estes datos son alarmantes, máis tendo en
conta que un 42,1% das persoas desempregadas non están cobrando ningunha
prestación. O panorama é, para a central sindical, desolador e o perigo de
exclusión social e pobreza de miles de galegas e galegos é cada vez maior.
2/11/2012
A Área Pública da CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento e lembra que xa o denunciara cando se aprobou a última Reforma Laboral
O pasado 30 de
outubro publicábase no BOE o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, no que
se desenvolve o procedemento de despedimento colectivo a aplicar nas
administracións públicas (Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro). Unha medida aprobada polo goberno do PP á que
a Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) manifesta a
súa máis rotunda oposición, porque supón acelerar o proceso de desmantelamento
dos servizos públicos e provocar unha masiva destrución de emprego. Por iso,
fan un chamamento a todas as empregadas/os públicos a sumarse masivamente á
folga xeral convocada para o vindeiro día 14 de novembro.