20/5/2013
Con motivo do paro xeral, e baixo o lema “Ferrol esixe solucións”, haberá manifestación ás 12 horas dende o Inferniño
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG de Ferrol veñen de anunciar a convocatoria de Folga Xeral Comarcal para o mércores 12 de xuño, ante a situación de “emerxencia total” que sufre Ferrolterra. Con motivo do paro xeral, que as centrais sindicais agardan sexa un éxito en contra das "nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta", está convocada tamén unha manifestación que partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño e rematará na Praza do Concello.
1/5/2013
A CIG celebrou manifestacións en once localidades do país para denunciar que as políticas do PP e da Unión Europea supoñen perda de dereitos e máis pobreza
Milleiros e milleiros de persoas
participaron hoxe nas manifestacións convocadas pola CIG en once
localidades do país para conmemorar o Primeiro de Maio, Día
Internacional da Clase Traballadora, unha data marcada pola masiva
participación e polo rexeitamento das políticas antisociais e
antigalegas do PP e da Unión Europea. O secretario xeral da central
nacionalista, Suso Seixo, esixiu a dimisión dos Gobernos galego e
español e lembrou que nos atopamos “nunha loita a longo prazo
entre o capital e a clase traballadora polo modelo de sociedade do
futuro” e que só con mobilización e capacidade de xerar
alternativas “impediremos a consolidación deste capitalismo
neoliberal ao servizo dunha minoría” e seremos quen de “conquistar
un novo modelo ao servizo das clases populares”.
17/4/2013
A Secretaría da Muller acusa ao PP de pretender volver poñer a muller no papel de "tutelada", sen capacidade de decidir sobre a súa vida
Ante as novas publicadas sobre a reforma da Lei do Aborto que prepara o Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, a Secretaría da Muller da CIG posiciónase, unha vez máis, contra do que considera un claro retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, un recorte sen precedentes na liberdade e autodeterminación en relación á sexualidade das mulleres e sobre a libre decisión da maternidade.
15/3/2013
A central nacionalista considera especialmente alarmante que se poña en cuestión o dereito a subsidio aos maiores de 55 anos
A CIG manifesta o seu máis absoluto rexeitamento ás
medidas anunciadas hoxe tras do Consello de Ministros. O secretario xeral, Suso
Seixo, cuestiona un decreto que promove a permanencia no posto de traballo e o
atraso da idade de xubilación, mentres a mocidade ten grandes dificultades para
conseguir un emprego e se está a producir unha nova vaga migratoria. Considera
especialmente alarmante a pretensión de deixar sen subsidio aos maiores de 55
anos e anuncia que o vindeiro luns reunirase o Secretariado Confederal para
analizar, tanto estas medidas, como as que adoptará a central sindical ante
esta nova agresión á clase traballadora.
13/3/2013
Tal como aparece na orde quedarán excluídas aquelas persoas ás que se lles concedera praza nos últimos dous anos
Ábrese o prazo de entrega
de solicitudes para as Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño. As
solicitudes faranse cubrindo o modelo oficial publicado no Diario Oficial de
Galicia, nº 49, de data 11 de marzo de 2013, que se achega, e deben ser
enviadas antes do domingo 24 de marzo, xunto coa fotocopia do documento de
identidade ben ao FAX do local nacional da CIG (981 571 082) ben por correo
electrónico a: iagocarreira@galizacig.net
10/3/2013
A central nacionalista reitera neste 10 de Marzo que outro modelo económico e social é posíbel, mais a clase traballadora precisa de se organizar e loitar
Milleiros de persoas participaron este domingo nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en toda Galiza con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Fronte ás políticas neoliberais aplicadas polos distintos gobernos, que só sexan miseria e desemprego, a central nacionalista centrou as reivindicacións deste ano na defensa do dereito a un emprego digno, á negociación colectiva como ferramenta fundamental da clase traballadora e na defensa dos nosos dereitos nacionais. Para conseguir estes obxectivos, a central nacionalista insiste na necesidade de concienciarse, organizarse e loitar.