19/12/2007
Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA
Asegura que o sindicalismo reivindicativo que representa ELA amola o Goberno vasco, co que mantén unha “crise enorme” debido ás últimas políticas neoliberais que emprendeu. Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA, estivo recentemente en Galiza participando nunha xornada de formación da CIG, na que disertou acerca da situación socio-política en Euskal Herria.
15/11/2007
Serge Goulart, coordinador nacional de fábricas ocupadas no Brasil
Os mil traballadores da fábrica de plásticos Cipla, no Estado brasileiro de Santa Catarina, ocuparon a factoría en 2002 cando a empresa estaba en proceso de quebra. Os operarios xestionárona eles propios e lograron sanear as contas, reducir a xornada laboral de 44 a 30 horas semanais e mesmo facturar dous millóns e medio de dólares ao mes. No entanto, o 31 de maio deste ano Cipla foi tomada pola Polícia Federal por orde expresa do presidente Lula. Nesta data deuse por rematada, pola forza das armas, esta experiencia de autoxestión.
30/10/2007
Entrevista a James Petras
O profesor norteamericano James Petras é un dos intelectuais da esquerda mundial que rexeitan con máis vehemencia o neoliberalismo e o imperialismo. Hai días visitou Galiza para pronunciar conferencias en Compostela e Vigo. Petras fixo un oco na súa axenda para responder as preguntas da CIG-Comunicación horas antes de regresar ao seu país.
1/2/2007
Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol
Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol, defende con vehemencia a permanencia da antiga Astano no sector público, ao sinalar que a privatización precarizaría as condicións dos traballadores do estaleiro fenés, entre outras consecuencias negativas. Ademais, avoga por manter a independencia sindical como un dos principais sinais de identidade da CIG.
23/1/2007
Xorxe Caldeiro, secretario comarcal da CIG de A Mariña
Xorxe Caldeiro, secretario comarcal da CIG, fálanos nesta entrevista das expectativas de medre do sindicato na zona, así como da situación económica e laboral que está a atravesar A Mariña, territorio que depende case en exclusiva da fábrica de Alcoa de San Cibrao.
22/1/2007
Xosé Ferreiro, secretario comarcal da CIG en Lugo
A Unión Comarcal da CIG de Lugo afronta este novo ano con grandes expectativas postas nas eleccións sindicais, onde agarda chegar a unha porcentaxe próxima ao 25% dos delegados/as. A conivencia de UGT e CC OO coa patronal, a emigración da xente nova e as relacións co Goberno autonómico centran esta entrevista co secretario comarcal de Lugo, Xosé Ferreiro.