3/2/2012
A central nacionalista cualifica de demagóxica a suspensión temporal proposta polo presidente da Xunta
A
federación de Administración da CIG reclama publicamente a
supresión “inmediata e definitiva” do coñecido como plus de
altos cargos despois de que o presidente da Xunta de Galiza anunciase
a súa suspensión temporal. Dende a central nacionalista cualifican
esta medida de demagóxica e critican que se poña á mesma altura un
complemento salarial que un por enfermidade ou accidente non laboral.
2/2/2012
A representación da CIG na Mesa Xeral de Negociación chama ao diálogo para evitar que a negociación se xudicialice
A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular parcialmente a RPT
(Relación de Postos de Traballo) do Concello de Celanova que leva acumuladas xa
varias sentenzas na súa contra. O tribunal considera que a atribución dun tramo
fixo no complemento específico “non parte
dun exame dos postos de traballo senón dunha suposición infundada” e
continúa dicindo que contradí “a
obxectividade, como unha das características fundamentais do complemento
específico”.
1/2/2012
Como alternativa propoñen aforrar en salarios de persoal asesor e na contratación de asistencias técnicas
A Xunta de Galiza vén
de anunciar que eliminará tres días de asuntos propios ao persoal da
admnistración pública. A CIG-Administración considera que esta medida non suporá
aforro algún, porque na Administración
xeral non se subsitúe á persoa que os goza, como tampouco se
subsitúen no período de vacacións.
1/2/2012
Desmenten que a externalización do servizo supoña un abaratamento dos custes
A Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña manifestou o “máis enérxico” rexeitamento á privatización do servizo de vixilancia dos Centros Cívicos que vén de acordar o goberno local e destacan que en ningún caso suporá un abaratamento dos custes desta actividade.
30/1/2012
Organizado polo Comité de Empresa e os/as traballadores/as afectado polo peche de diversos servizos municipais
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns quedou pequeno para acoller a todas as persoas que participaron no festival de apoio aos servizos públicos de Ames. Segundo a organización repartíronse uns 500 adhesivos co lema “Eu apoio os servizos públicos de Ames. Non ao peche de servizos e ao despedimento de 9 traballadores e traballadoras”.
27/1/2012
Defende os servizos públicos como eixo vertebrador do benestar e o papel do empregado/a público como garante deste dereito
O Pleno da Xunta de Persoal dos Funcionarios dos Servizos Periféricos da Xunta de Galiza na provincia da Coruña remitiu un comunicado advertindo que os recortes antisociais adoptados polo Goberno galego non supoñen ningún aforro, senón que unicamente “trasladan o custe dos servizos públicos á cidadanía”. Fronte a isto, a Xunta de Persoal defende os servizos públicos como eixo que vertebra do dereito ao benestar e defenden a figura do empregado público como garante fundamental deste dereito.
26/1/2012
Este órgano representa a 3.500 funcionarios e funcionarias dos servizos centrais
Delegados e delegadas dos servizos centrais da
Xunta de Galiza concentráronse no edificio administrativo de San Caetano, en
Compostela, para manifestar a súa protesta “polo menosprezo da administración
galega no exercicio das nosas funcións, legalmente recoñecidas”. Con esta concentración denunciaban ademais que
malia ter solicitado unha entrevista co propio presidente da Xunta de Galiza
para manifestarlle a súa “indignación pola campaña de humillación contra a nosa
figura”, nin sequera recibiron unha resposta.