27/7/2010
CIG-Banca convocou unha concentración diante da sede da entidade, en Compostela, para exixir o cumprimento da lexislación laboral
Delegados/as da federación de Banca e representantes da CIG da comarca de Compostela concentráronse diante da oficina de Banesto na Praza de Galiza para denunciar as presións ás que a entidade está a someter ao 90% do seu persoal en Galiza, ao que obriga a facer horas extra non declaradas, máis alá da xornada laboral legalmente establecida.
23/7/2010
O Comité de Empresa esixe á Consellaría que resolva favorabelmente aos traballadores/as o recurso de alzada e aposte pola defensa clara dos empregos
A Consellaría de Traballo e Benestar vén de rexeitar a admisión a trámite do segundo ERE presentado por Sykes Enterprises para 127 traballadores/as da plataforma de A Coruña. A Xunta, tal e como se demandou dende o Comité de Empresa, entende que non é posíbel entrar no fondo do asunto xa que existen numerosos recursos de alzada contra a resolución do primeiro ERE, que aínda non foron contestados pola Administración galega.
9/7/2010
A central nacionalista aposta por unhas entidades de aforros sociais e galegas
Dende o inicio do debate sobre o proceso de reestruturación das caixas de aforros, dende a Confederación Intersindical Galega denunciouse que estabamos ante un proceso de reconversión que tiña como obxectivo definitivo a privatización. A central advertía que tal e como fixo o PSOE hai 10 anos concentrando a banca pública no grupo Arxentaria para a súa posterior privatización, o proceso de concentración das Caixas por decreto tiña o mesmo obxectivo. As declaracións realizadas polo Presidente do Goberno sobre o decretazo que aprobará hoxe o Consello de Ministros, dando entrada ao capital privado nas caixas con dereitos políticos é unha privatización pura e dura. Así mesmo permitir que as caixas se convertan nunha fundación que poda transferir a xestión financeira a un banco é seguir o modelo italiano de privatización das entidades.
8/7/2010
A regulación afectará ao persoal adscrito ás campañas da compañía Vodafone
Tan só unhas horas despois de que o Comité de empresa se concentrase diante da Xunta de Galiza para urxir a resolución do recurso de alzada contra a aprobación do ERE de Sykes e advertir das intencións da empresa de efectuar novos despedimentos, a multinacional norteamericana comunicou a presentación dun novo ERE, que afectaría a 127 traballadores/as adscritos á campañas de Vodafone. A actitude da compañía é inxustificábel xa que dende marzo despediu á
metade do cadro de persoal que traballaba na plataforma coruñesa (240), mentres está desviando carga de traballo para o centro de Ponferrada e
actúa de cara a forzar que Vodafone rescinda os contratos que aínda
mantén con Sykes A Coruña.
6/7/2010
A representación dos traballadores/as alerta que a empresa prepara novos despedimentos
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña para demandar a resolución urxente e favorábel do recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE, así como para reclamar do goberno galego que tome medidas diante dos continuados despedimentos e das presións que están a recibir os traballadores e traballadoras da plataforma coruñesa. Dende o Comité alertouse tamén das intencións da multinacional, que xa está preparando unha nova vaga de despedimentos.
5/7/2010
Desenvolverán unha concentración mañá, martes 6 de xullo, diante do edificio da Xunta en A Coruña, a partir das 11:00 horas
O Comité de Sykes e representantes sindicais mantiveron esta mañá unha xuntanza coa Dirección Xeral de Relacións Laborais en Compostela para urxir a resolución dos recursos presentados contra a aprobación do expediente de regulación e instar a administración galega a implicarse neste conflito, que semella rematará co peche da plataforma de Sykes en A Coruña.