7/7/2009
O Comité reclama a apertura dun proceso de negociación para acadar un acordo que garanta a estabilidade no emprego
Delegados e delegadas sindicais, convocados polo Comité de Empresa da multinacional Bosch, concentráronse nun dos centros de traballo de Vigo para protestar contra os 60 despedimentos realizados pola empresa no último mes. Dende o Comité reclaman a readmisión inmediata dos despedidos/as e a apertura dun proceso de negociación para acadar un acordo pola Estabilidade no Emprego.
3/7/2009
A medida supón unha nacionalización “parcial e temporal”, podería supor a eliminación de 5.000 empregos e invade competencias autonómicas
A CIG amosou o seu rexeitamento ao Real Decreto Lei 9/2009 sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de creto, un Decretazo que pon en marcha a reconversión do sector financeiro con escandalosas axudas públicas, por valor de 100.000 millóns de euros, e que podería levar á destrución de 5.000 empregos só na Galiza. Así mesmo, a norma abre as portas á posibilidade de fusións entre Caixas de distintas Autonomías; fusión que suporán a perda do carácter galego das principais entidades do País, Caixa Galicia e Caixanova, así como a deslocalización das súas Sedes e Servizos Centrais.
3/7/2009
A sección sindical da CIG valora de xeito positivo o documento, pero subliña que o importante agora é a defensa dos empregos
O día 1 de xullo a representación sindical, entre elas a Sección Sindical da CIG, que é maioritaria na Entidade en Galiza, e a dirección do Banco Pastor asinaban o II Acordo Marco, que garante cara ao futuro as melloras extraconvenio, nun momento no que se anuncian mudanzas no sector financeiro. Dende a sección sindical valoraron positivamente o acordo, aínda que advertiron que o primordial nestes momentos é a defensa dos postos de traballo ante o decreto do goberno para a reconversión do sistema financeiro.
24/6/2009
Denuncian que dende comezos de ano a entidade anunciou o peche de 9 centros e non descarta novas medidas
Medio cento de delegados e delegadas
convocados polo Comité de Empresa de Caixa Galicia na provincia de Ourense
concentráronse ante a Oficina Principal da Entidade en contra do peche de
oficinas e pola defensa dos postos de traballo. Dende o Comité denuncian que no
vai que de ano Caixa Galicia anunciou o peche total, parcial ou temporal de 9
centros de traballo, así como novos posíbeis peches para o segundo semestre de
2009.
23/6/2009
A CIG votou en contra do Informe de Xestión e das Contas de 2008
O sábado 20 de xuño celebrouse en A Coruña a
Asemblea Xeral de Caixa Galicia, o máximo órgano de goberno da Entidade. A
aprobación das contas e a xestión do exercicio 2008 foi a máis contestada da
historia, coa intervención dos Conselleiros de persoal, entre os que se atopa o
secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, pero tamén de clientes que
denunciaron situacións de acoso.
18/6/2009
A sección sindical na entidade concentrouse diante da oficina de Lalín
A Sección Sindical da CIG no BBVA retomou as
mobilizacións en protesta contra o proceso de reconversión e destrución de
emprego que a entidade está levando a cabo e que significou o peche de 15
oficinas en Galiza e a perda de 140 postos de traballo dende xaneiro de 2008
ata marzo de 2009. A primeira destas accións tivo lugar o na mañá do xoves 18
de xuño diante da oficina de BBVA en Lalín.