14/6/2010
O persoal está secundando dous paros de unha hora convocados nas quedas de mañá e tarde
Traballadoras e traballadores de Sykes Enterprises están secundando este luns os paros e concentracións convocados no centro de A Coruña para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comezou a facer efectivos esta mesma mañá. O persoal desenvolveu unha concentración e unha sentada reivindicativa nunha das rúas do Polígono de Agrela, provocando importantes retencións na circulación do tráfico. As mobilizacións volveranse repetir durante o paro da quenda de tarde, convocado entre as 17 e as 18 horas.
11/6/2010
O pacto entre a entidade financeira e as organizacións CCOO, UGT e FITC legaliza a extensión irregular da xornada laboral
CIG e ELA veñen de rexeitar o acordo acado entre Banco Pastor e as organizacións sindicais CCOO, UGT e FITC, que consagra a flexibilidade horaria para o 90% do cadro do persoal, legalizando a extensión irregular da xornada laboral, xa que non se habilita ningún tipo de control horario. Ademais, denuncian dende a CIG-Banca, permitirá implantar a xornada partida 3 días ao mes, cun horario de 8 a 19:00 horas, no que os traballadores e as traballadoras terá unha hora e media para xantar por quendas, xa que non se pecharán as oficinas.
9/6/2010
O persoal reclama a implicación da Xunta para evitar o desmantelamento da plataforma do telemarketing
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha nova protesta diante dos edificios administrativos da Xunta en Monelos para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comunicou a pasada semana, así como denunciar a pasividade do goberno galego diante do paulatino desmantelamento da plataforma do telemarketing en A Coruña.
8/6/2010
As/os traballadoras/es estudan convocar un novo calendario de mobilizacións
O Comité de Sykes en A Coruña vén de solicitar unha xuntanza urxente coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para tratar a nova vaga de despedimentos que a empresa vén de comunicar. Dende o Comité lémbrase que dita reunión xa fora solicitada tras coñecerse a resolución administrativa do expediente de regulación de emprego, mais, até o momento, os traballadores e traballadoras aínda non recibiron unha contestación.
4/6/2010
A empresa comunicou esta mesma mañá 62 novos despedimentos de traballadores/as das campañas Vodafone
O Comité de Sykes en pleno e cada unha das Seccións Sindicais acudiron esta mañá aos edificios administrativos da Xunta en Monelos para entregar os Recursos de Alzada interpostos contra a decisión de aprobar parcialmente o expediente de regulación de emprego. Dende a representación dos traballadores/as solicítase a anulación dos 68 despedimentos autorizados e denunciouse a política de sancións que Sykes está a levar a cabo para “acalar as nosas reivindicacións”. Así mesmo, esta mañá, a multinacional do telemárketing entregou as cartas de despedimento a 62 traballadores/as con contrato por obra nas campañas de Vodafone.
27/5/2010
As centrais con representación en Caixanova e Caixa Galicia tamén reclaman a convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto
As
cinco centrais sindicais con representación nas caixas galegas -CIG,
CCOO, UGT, CSICA e CGT- esixen ás empresas que faciliten toda a
información referente ás previsións que manexan no que respecta ao
emprego e ás relacións laborais dos traballadores.