Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
Banca Banca
18/3/2010 Ás 19:00 horas nas subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e no edificio da Xunta de Vigo, e ás 20:00 horas da Delegación do Goberno en A Coruña
Diante da situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas, os traballadores e as traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova acordaron, nas asembleas celebradas nas distintas comarcas, convocar concentracións o vindeiro 23 de marzo na defensa do emprego e a prol dunha caixa galega forte que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas terán lugar ás 19:00 horas diante das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, así como no edificio administrativo da Xunta en Vigo. En A Coruña a concentración realizarase diante da Delegación do Goberno ás 20:00 horas.
18/3/2010 Pretenden adiar as negociacións até que saia a sentenza definitiva sobre a suba salarial adebeda aos/ás traballadores/as
A patronal de Contac Center, como gustan en chamarse xa que a sociedade considera pexorativo o termo telemárketing, non ten intención de negociar un novo convenio colectivo en tanto non exista sentenza definitiva sobre a suba salarial que as empresas adebedan aos traballadores/as, correspondente aos anos 2009 e 2010. Non obstante, dende a CIG-Banca sospeitan que, aínda que houbera sentenza definitiva, a patronal non ía negociar, xa que “están demasiado cómodos co marco actual”.
17/3/2010 A vindeira mobilización está prevista para o día 26 diante da Xunta Anual de Accionistas da entidade
As 12 da maña do día 16 de marzo numerosos delegados e delegadas do sector financeiro de toda Galiza responderon á chamada dos sindicatos concentrándose diante da sede rexional Galicia-Sur do Banco Pastor en Vigo, a primeira mobilización da campaña de resposta contra os despedimentos realizados polo Banco Pastor.
16/3/2010 A CIG denuncia que a empresa obtivo importantes beneficios e reclama á administración que non autorice o traslado dos arquivos de clientes das compañías
As traballadoras e os traballadores de Sykes secundaron na tarde deste martes unha nova xornada de paro e manifestación, que desta volta os levou até as portas da Delegación do Goberno na Galiza, onde denunciaron a autorización que o Ministerio de Xustiza está a conceder as compañías telefónicas para trasladar os arquivos de datos dos seus clientes, facilitando así a súa deslocalización. Dende a CIG criticáronse as pretensión de Sykes de despedir a máis da metade do seu cadro de persoal cando a multinacional está a conseguir cuantiosos beneficios.
15/3/2010 Cuestiona o proceso de reconversión, a deslocalización e a destrución de emprego
O pasado venres, día 12 de marzo, tivo lugar en Bilbao a Xunta Xeral de Accionistas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. Na mesma, Teresa Richard, delegada sindical da CIG, accionista e empregada do banco, fixo unha intervención, como portavoz da sección sindical, para trasladar ao Consello de Administración e ao accionariado da entidade as preocupacións e reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa.
12/3/2010 As seccións sindicais de CCOO, UGT, FITC, ELA e CIG denuncian que a empresa pretende crear un ambiente de terror entre o persoal
As seccións sindicais da CIG, ELA, CCOO, UGT e FITC compareceron este mediodía ante os medios de comunicación para denunciar os despedimentos que a dirección do Banco Pastor está a realizar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. Até o momento, a entidade xa despediu a cinco empregados/as na Galiza, cunha antigüidade media na empresa de 25 anos, alegando problemas de actitude e falta de cumprimento de obxectivos, mais recoñecendo a improcedencia da súa decisión.
11/3/2010 As mobilizacións levaranse a cabo simultaneamente en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense
A sala do Instituto Teconolóxico Empresarial de Caixa Galicia en A Coruña quedou pequeno para acoller aos traballadores e traballadoras que participaron na asemblea convocada pola sección sindical da CIG na entidade financeira. O persoal, ao igual que acontecera na asemblea celebrada na véspera en Lugo, apoiou a concentración proposta para o día 23 de marzo en réxime de autoconvocatoria, que tamén se desenvolverá en Ourense e Vigo, para reclamar información sobre o futuro da caixa e os posíbeis contactos da dirección con Caja Madrid.  
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com