Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Banca Banca
12/3/2010 As seccións sindicais de CCOO, UGT, FITC, ELA e CIG denuncian que a empresa pretende crear un ambiente de terror entre o persoal
As seccións sindicais da CIG, ELA, CCOO, UGT e FITC compareceron este mediodía ante os medios de comunicación para denunciar os despedimentos que a dirección do Banco Pastor está a realizar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. Até o momento, a entidade xa despediu a cinco empregados/as na Galiza, cunha antigüidade media na empresa de 25 anos, alegando problemas de actitude e falta de cumprimento de obxectivos, mais recoñecendo a improcedencia da súa decisión.
11/3/2010 As mobilizacións levaranse a cabo simultaneamente en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense
A sala do Instituto Teconolóxico Empresarial de Caixa Galicia en A Coruña quedou pequeno para acoller aos traballadores e traballadoras que participaron na asemblea convocada pola sección sindical da CIG na entidade financeira. O persoal, ao igual que acontecera na asemblea celebrada na véspera en Lugo, apoiou a concentración proposta para o día 23 de marzo en réxime de autoconvocatoria, que tamén se desenvolverá en Ourense e Vigo, para reclamar información sobre o futuro da caixa e os posíbeis contactos da dirección con Caja Madrid.  
9/3/2010 O persoal secunda unha nova e exitosa xornada de paro no centro de traballo de A Coruña
Os traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises manifestáronse este mediodía polas rúas de A Coruña para amosar o seu rexeitamento aos despedimentos masivos que a empresa pretende realizar, así como denunciar un proceso destinado a deslocalizar os centros de traballo da multinacional en Galiza. O persoal comezou a súa marcha dende a sede da empresa no Polígono de Agrela até a delegación da Xunta, pouco despois das doce da mañá, coincidindo coa convocatoria dun paro de tres horas.
3/3/2010 O banco trasladou a un delegado da CIG como represalia por ter defendido a un traballador despedido inxustamente
Por segundo martes consecutivo delegados e delegadas da CIG-Banca concentráronse diante da oficina principal do Banesto en Ourense para protestar polo traslado do Presidente do Comité de Empresa e delegado da CIG para unha oficina nas aforas de Ourense, establecéndolle ademais un control diario sobre a súa actividade. Posteriormente a protesta trasladouse ao interior da entidade para informar ao persoal da oficina.
2/3/2010 A empresa pretende desfacerse de case 500 persoas nos centros de A Coruña e Lugo
Baixo a consigna “polo mantemento do emprego en Sykes, non aos despedimentos, non á deslocalización”, preto de catrocentos traballadores e traballadoras da multinacional do telemárketing participaron nos paros de dúas horas convocados en contra das intencións da empresa de desfacerse de máis da metade do seu persoal. Durante o paro da mañá, que se volveu repetir na quenda de traballo da tarde, traballadores/as e delegados/as sindicais desenvolveron unha manifestación que partiu dende ás portas de Sykes até as oficinas que Vodafone ten situadas en Agrela, dificultando a circulación do tráfico en boa parte do polígono industrial.
26/2/2010 Na quenda entre as 10:00 e as 12:00 horas e na quenda da tarde, entre as 17:00 e as 19:00 horas
O Comité de Empresa de Sykes vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións todos os martes diante da empresa, con desprazamentos até as sedes dos clientes, Vodafone e Telefónica. Denuncian que os despedimentos son froito dunha decisión empresarial, coa complicidade do goberno central e que nin este, nin a Xunta de Galiza teñen adoptado medida algunha ante a transferencia de datos de clientes.
26/2/2010 Teresa Sampedro, membro da CIG, criticou que se lle pidan sacrificios ao persoal mentres a cúpula recibiu remuneracións millonarias
Este xoves 25 de febreiro celebrouse a Asemblea Xeral de Caixanova, o máximo órgano de goberno, na que a CIG votou en contra da xestión da entidade e fixo un pronunciamento en contra do SIP e a favor da fusión galega. A dirección de Caixanova quixo manter ao máximo órgano de goberno da entidade a marxe do debate social sobre o futuro das caixas de aforros galegas, algo que finalmente non evitou debido a diversas intervencións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com