Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Banca Banca
13/10/2009 Ofertan ‘Prevención de Riscos’, ‘Palista cargador’, ‘Informática de usuario’ e ‘Nóminas e Seguridade Social’
A CIG de Valdeorras anuncia a convocatoria do curso de formación continua de ‘Prevención de Riscos Laborais’, ‘Palista cargador’ e Informática de Usuario’, dirixidos a traballadores da empresa privada e o de ‘Nóminas e Seguridade Social’, dirixidos a formación interna. Para apuntarse, as/os interesadas/os poden pasar polo local ou chamar ao 988 321 511.
2/10/2009 Desconvocada a Folga de Bosch
O Comité de empresa do Centro de atención de chamadas da multinacional Bosch en Vigo, no que teñen presenza as centrais CIG, CCOO e UGT tiña convocada unha FOLGA para o día 2 de outubro, na que estaban chamadas a participar as 1.400 persoas que traballan actualmente nos catro centros que esta empresa ten na cidade. Esta folga tiña como finalidade parar a empresa e sentala a negociar para ter garantías de futuro sobre os postos de traballo, demandando estabilidade no emprego e a apertura dunha comisión negociadora que analizara as categorías e os salarios aplicados nos distintos departamentos.
18/9/2009 Acordo asinado por CCOO e UGT, que rexeitou a CIG
Por un acordo asinado por CCOO e UGT e rexeitado pola CIG, o Banco pechará as oficinas os sábados (aforrando custes), mantendo a xornada laboral en cómputo anual, incrementando o persoal media hora a xornada diaria de luns a venres, creando unha bolsa de horas a favor da empresa e conseguindo que un 80% do persoal teña horario flexible.
15/9/2009 A central obtivo catro representantes fronte aos tres da UGT e dous de CCOO
A CIG vén de converterse en primeira forza sindical na empresa de telemarketing “Universal Support”, logo do resultado das eleccións celebradas o luns 14 de setembro. A candidatura da central, que se presentaba por primeira vez nesta subcontrata do Grupo Banco Pastor, obtivo 4 representantes fronte aos 3 da UGT e 2 de CCOO.
11/8/2009 O 4 de agosto publicaron na súa web de Madrid que a apoiarían
Diante das informacións que se veñen publicando estes días, nas que se nega a existencia de contacto algún para tratar sobre unha posíbel absorción de Caixa Galicia por parte de Caja Madrid, CIG-Banca afirma que si existiron eses contactos e que a propia CCOO manifestou a súa posición favorábel a que esta fusión se realizara. De feito, na páxina web do sindicato aparece publicada unha información, con data de 4 de agosto, na que di que “CCOO de Madrid apoiaría calquera fusión ‘positiva’ para Caja Madrid e para os madrileños”.  
4/8/2009 Afectaría a 2.250 empregos en Galiza e 600 no resto do Estado
A posible absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid e a CAM valenciana tería, segundo advirte a federación de Banca da CIG, graves implicacións sobre o emprego, coa desaparición da sede central, dos servizos centrais, as empresas auxiliares e a coincidencia de oficinas e afectaría a preto de 2.250 empregos en Galiza e 600 no resto do Estado. Ademais alertan de que no hipotético caso de que o Partido Popular impoña a absorción de Caixa Galiza, unhas "difíciles e hipotéticas prexubilacións" non absorberían todo o impacto sobre o emprego nin nas empresas auxiliares, onde traballan case que 1.000 persoas, nin para o persoal propio de Caixa Galicia.
28/7/2009 Afectaría a máis de 2.000 postos de traballos directos
Ante o debate aberto publicamente, despois da aprobación do FROB, sobre as fusións por absorción das Caixas de Aforros de Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular, que podería afectar a Caixa Galicia, dende a CIG quérese deixar clara a oposición a este posíbel escenario que levaría a desaparición dos Servizos Centrais, das empresas auxiliares, da Obra Social e da Sede Central da cidade de A Coruña.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com