marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Banca Banca
30/4/2010 A Xunta nin sequera escoitou as demandas dos traballadores/as, senón que se limitou a enviar efectivos policiais para desaloxar o edificio
10-04-30 Peche Sykes delegación traballo V
O comité de empresa de Sykes en A Coruña e Lugo desenvolveron na mañá deste venres un peche na delegación territorial da Consellaría de Traballo para esixir á administración que rexeite unha regulación de emprego que suporía o despedimento de case 300 persoas. A pesar de permanecer no edificio máis de cinco horas, ningún responsábel da Consellaría de Traballo se dirixiu aos traballadores/as para recibir as súas reivindicacións nin se amosou o máis mínimo interese por parte da Xunta en asumir a defensa dos empregos neste empresa, senón que se limitou a enviar efectivos da policía autonómica para desaloxar o edificio.
28/4/2010 CIG-Banca reclama firmeza por parte da Xunta de Galiza fronte ás actitudes personalistas das direccións das dúas entidades
09-12-04 manifestación caixas 7
A federación de Banca e Aforros da CIG vén de remitir un comunicado referido a actual situación de bloqueo na que se atopan as negociacións arredor da fusión de Caixa Galicia e Caixanova no que reclama firmeza perante a actitude das direccións de ambas as entidades para que remate "coa chantaxe a toda a sociedade galega por parte dos máximos directivos".
28/4/2010 O Gabinete de Saúde Laboral da Confederación xa presentou denuncia na Fiscalía por delito contra a saúde dos traballadores/as
10-04-28 Amianto na central de Caixanova
Os primeiro resultados das análises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo confirmaron a presenza de amianto no edificio. Dende a sección sindical da CIG exixiron que se investigue o impacto da exposición do po de amianto e como pode afectar na saúde dos 500 empregados/as que traballan na central.
26/4/2010 Esperarase a que se realicen análises que garatan que non hai amianto na estrutura do edificio
edificio central Caixanova
Dende o inicio da obra de reforma da central de Caixanova en Vigo, os delegados de prevención da CIG mantiveron numerosos contactos coa empresa, preocupados pola posible presenza de amianto na estrutura do edificio da central. Noutras construcións da mesma época na cidade de Vigo apareceu amianto cando afrontaron reformas ou demolicións.
15/4/2010 Despidos inxustos por cumprir o horario do convenio
20100414pastor
A oficina principal do Banco Pastor na cidade de Vigo, onde ten o seu despacho o Director Rexional Galiza-Sur desta entidade, quen decidiu os despedimentos, foi o escenario dunha nova mobilización sindical o mércores 14 de abril. Dende as 11 da mañá delegados e delegadas do Banco Pastor, co apoio solidario de delegados/as de outros bancos e caixas, concentrábanse diante da Oficina Principal do banco en Vigo, dentro da campaña de protesta contra os despedimentos inxustos realizados pola empresa nas provincias de Pontevedra e Ourense.
12/4/2010 A nova Executiva da Federación contou con 104 votos dos 105 votos emitidos
20100411banca
O V Congreso da Federación da Banca da CIG estivo marcado pola crise e restruturación do sistema financeiro, nomeadamente das Caixas de Aforros e pola grave deslocalización do sector do telemarketing. Aprobouse unha resolución que avala a presentación dun posible recurso contra a aplicación do Regulamento do FROB para impedir a liquidación parcial das Caixas e a venda de rede á banca privada.