30/3/2010
A CIG reclama a retirada do expediente de regulación e dos despedimentos de obra
Traballadoras e traballadores de Sykes en A Coruña secundaron este martes unha nova xornada de paros e concentracións na empresa para demandar a retirada de todos os despedimentos e o estudo dun plano de viabilidade que garanta o mantemento da actividade da multinacional en Galiza. Os paros desenvolvéronse nas quendas de mañá e tarde, entre as 10 e ás 12 horas e dende as 17 ás 19 horas.
30/3/2010
Vixiará as posíbeis repercusións no emprego e se hai modificacións na Lei, no referido a control público e elección democrática dos órganos de dirección
Ante o anuncio do inicio de conversas para analizar a posibilidade dunha fusión entre as dúas caixas galegas, a CIG manifesta a súa valoración positiva xa que supón un paso adiante respecto da situación anterior, na que Caixanova mantiña unha posición totalmente contraria a explorar sequera esta posibilidade. Porén, advirte que non deixa de ser un simple anuncio que haberá que ver como se concreta e advirte que estará moi alerta respecto da incidencia que terá no emprego, xa que algúns dos datos que se están a facer públicos a través dos medios de comunicación son realmente alarmantes e van moito máis alá das previsións iniciais que había respecto do número de postos de traballo a amortizar.
26/3/2010
A entidade anunciou aos traballadores/as que o vindeiro luns estarán traballando para outra empresa
Na mañá deste venres día 26 de marzo, a Dirección de Caixa Galicia transmitía ao persoal da entidade, a través dunha multiconferencia, que o vindeiro luns día 29 de marzo pasaría a traballar para nunha nova empresa. Indicaron que dado a falta de avances na fusión galega este fin de semana anunciarían un SIP. Algúns dos Directores Territoriais foron máis explícitos, afirmando que o luns asinaríase un acordo con Caja Madrid.
26/3/2010
Reibiron cunha ruidosa pitada aos/ás asistentes á Xunta de accionistas que se celebrou no interior do edificio
Delegados e delegadas sindicais no Banco Pastor concentráronse esta mañá diante da Fundación Pedro Barrié de la Maza, onde tiña lugar a Xunta de Accionistas da entidade, para denunciar os despedimentos que a dirección está a executar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. A mobilización é a segunda protesta que o persoal do banco desenvolve nas dúas últimas semanas, aínda que non se descartan novas accións logo da semana santa.
26/3/2010
A empresa presentou unha suspensión temporal do ERE, mais dende a CIG reitérase que “só negociamos o mantemento dos empregos”
Centos de persoas manifestáronse na tardiña do xoves 25 de marzo polas rúas de A Coruña en contra das intencións da empresa de telemárketing Sykes Enterprises de despedir a case 500 empregados/as nos dous centros de traballo que ten en Galiza. Dende a CIG de A Coruña reiterouse que non se vai aceptar ningún despedimento e que a central “tan só negocia o mantemento dos postos de traballo”.
24/3/2010
A CIG lembra que están en xogo 8.000 postos de traballo no noso País e reclama ao goberno estatal o desbloqueo inmediato do proceso de fusión
Centos de traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova participaron na tarde do martes nas concentracións convocadas en Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña en defensa do emprego e a prol dunha caixa de aforros galega forte e estábel que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas foron acordadas no marco das asembleas de traballadores/as, convocadas pola CIG, celebradas nas últimas semanas en todas as provincias e como resposta á situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das dúas caixas galegas.