23/3/2010
Deslocalizan o servizo do atención ao cliente
A CIG xa alertou a principios deste mes da posiblidade de que a deslocalización emprendida por Vodafone poidera afectar a campaña de recepción de chamadas na empresa Unísono CRM en Vigo. Finalmente serán 16 as persoas despedidas. Por iso, o Comité de Empresa de Unísono decidiu convocar de 12 da mañá ás 13 horas unha concentración de rexeitamento destes despedimentos, que se farán efectivos o 31 de marzo.
22/3/2010
Rexeitan as intencións da nova propietaria, HP, de cambiar o convenio de referencia e esixen a Caixa Galicia que medie ante a multinacional
Os/as traballadores/as da antiga CXG Gestión Operativa, filial que Caixa Galicia vendeu o pasado mes de decembro a Hewlett Packard, retomaron este luns as mobilizacións para esixir a ambas entidades garantías da continuidade dos empregos e rexeitar as intencións de HP de cambiar o convenio de referencia a partir do vindeiro ano e aplicar ao persoal o convenio do telemárketing. Este cambio suporía unha redución substancial das condicións laborais e salariais do conxunto dos/as traballadores/as, polo que dende a CIG se reclama á Caixa Galicia que asuma as súas responsabilidades e medie diante da multinacional norteamericana.
18/3/2010
A reconversión neste banco leva a externalización e destrucción de emprego
Dende 2007 a Sección Sindical de CIG en BBVA vén denunciando a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao panorama laboral. Ditos proxectos supoñen unha reconversión precursora na banca tal e como a coñecemos, co obxectivo de transformar a rede nun conxunto de puntos de venda, reducindo postos de traballo e externalizando todo o traballo administrativo en distintas etapas a outras empresas, maiormente OP+, tanto no Estado español como noutros países.
18/3/2010
Ás 19:00 horas nas subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e no edificio da Xunta de Vigo, e ás 20:00 horas da Delegación do Goberno en A Coruña
Diante da situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas, os traballadores e as traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova acordaron, nas asembleas celebradas nas distintas comarcas, convocar concentracións o vindeiro 23 de marzo na defensa do emprego e a prol dunha caixa galega forte que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas terán lugar ás 19:00 horas diante das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, así como no edificio administrativo da Xunta en Vigo. En A Coruña a concentración realizarase diante da Delegación do Goberno ás 20:00 horas.
18/3/2010
Pretenden adiar as negociacións até que saia a sentenza definitiva sobre a suba salarial adebeda aos/ás traballadores/as
A patronal de Contac Center, como gustan en chamarse xa que a sociedade considera pexorativo o termo telemárketing, non ten intención de negociar un novo convenio colectivo en tanto non exista sentenza definitiva sobre a suba salarial que as empresas adebedan aos traballadores/as, correspondente aos anos 2009 e 2010. Non obstante, dende a CIG-Banca sospeitan que, aínda que houbera sentenza definitiva, a patronal non ía negociar, xa que “están demasiado cómodos co marco actual”.
17/3/2010
A vindeira mobilización está prevista para o día 26 diante da Xunta Anual de Accionistas da entidade
As 12 da maña do día 16 de marzo numerosos delegados e delegadas do sector financeiro de toda Galiza responderon á chamada dos sindicatos concentrándose diante da sede rexional Galicia-Sur do Banco Pastor en Vigo, a primeira mobilización da campaña de resposta contra os despedimentos realizados polo Banco Pastor.