30/1/2012
A CIG valora como “escandalosa” a posíbel aprobación do expediente de Ecar, logo de que a empresa recibise 35 millóns de euros entre 2009 e 2010
A CIG da Mariña vén de remitir unha valoración dos datos económicos achegados na documentación que acompaña ao ERE de Finsa, dos que se desprende que o Grupo subiu as retribucións do seu Consello de Administración un 81% antes de presentar o expediente de regulación. Así mesmo, a central culpa directamente dos resultados negativos á mala xestión e á “pésima inversión” que a dirección fixo ao adquirir Tableros Faus, no ano 2006, por 195 millóns de euros (e que en 2010 tivo que ser provisionada por un importe de 36,9 millóns de euros), xa que, pola contra, a actividade ordinaria do Grupo experimentou unha mellora considerábel neste tempo.
17/1/2012
Un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción
A
Unión
Local
de
Valdeorras
da
Confederación
Intersindical
Galega (CIG)
organiza
a
partir
do
mes
de febreiro
unha
serie
de
cursos destinados
a
traballadores
e
traballadoras
en
activo
da
empresa
privada.
A
oferta
inclúe
dous
cursos,
un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da
construción.
23/12/2011
A CIG da Mariña anima a toda a cidadanía a participar este venres, 23 de decembro, na manifestación convocada polo Comité de empresa en Mondoñedo
O Comité de empresa de Aglomerados Ecar ten convocada para a tarde deste venres unha manifestación contra a decisión empresarial de Finsa de pechar a factoría que ten en Mondoñedo. Esta decisión, subliñan dende a CIG da Mariña, suporía a destrución de 62 postos de traballos directos, mais tamén afectaría ao conxunto da economía da comarca, que nestes momentos afronta “un panorama laboral desolador”.
20/12/2011
A central lamenta que a Autoridade Portuaria da Coruña se limite a criticar á CIG en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos
Ante as declaracións realizadas polo Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, a CIG quere destacar que foi a propia Inspección de Traballo quen constatou que se retomaron os traballos de desmontado da grúa (paralizados logo da morte dun operario) sen a autorización pertinente e que a central sindical tan só expuxo ante a opinión pública esta situación. Así mesmo, a CIG lamenta que o Porto, en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos, se limite a criticar a CIG e non a investigar e condenar aos culpábeis do accidente e a quen incumpriu o Requirimento da Inspección.
16/12/2011
A CIG reclama á Autoridade Portuaria que depure responsabilidades polo incumprimento do requirimento da Inspección de Traballo, obstaculizar a investigación aberta e pór en perigo a seguridade do persoal
O Secretario da Unión Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril, quere denunciar publicamente as decisións irresponsábeis e neglixentes adoptadas pola UTE Langosteira, as empresas subcontratadas e a Autoridade Portuaria que, a pesar do requirimento expreso da Inspección de Traballo, decidiron retomar as tarefas de desmontado da grúa nas que o pasado mes de outubro faleceu un operario. Ante esta grave actuación, alén das posíbeis consecuencias penais para os actuantes, a CIG esixe da Autoridade Portuaria que depure responsabilidades entre os culpábeis de pór en risco a vida dos traballadores/as e dificultar a continuidade da investigación aberta para esclarecer as causas do sinistro.
15/12/2011
O expediente, que aínda non foi presentado de xeito oficial, suporía o peche da fábrica de Mondoñedo e o despedimentos dos 62 traballadores/as
A CIG e o Comité de Aglomerados Ecar, empresa pertencente ao Grupo Finsa e asentada en Mondoñedo, continúan defendendo a viabilidade da fábrica e amósanse totalmente contrarios ao anuncio de peche da fábrica trasladado pola dirección. A empresa ten intención de presentar un ERE de extinción que suporá o despedimento dos 62 traballadores/as de Ecar.
2/12/2011
A UTE-Langosteira vai executar até o 22 de decembro o despedimento da totalidade dos seus traballadores/as ante a entrega das obras á Autoridade Portuaria
O Comité da UTE Langosteira e a Unión Comarcal da CIG da Coruña demandaron este venres en rolda de prensa compromisos por parte da Autoridade Portuaria de cara a garantir a continuidade dos postos de traballo do actual cadro de persoal na nova fase de construción do Porto Exterior. A demanda chega ante o anuncio, por parte da UTE, da entrega das obras o vindeiro 28 de decembro e a comunicación do despedimento da totalidade do cadro de persoal, composto por 150 traballadores/as. Destes, 70 operarios/as foron despedidos esta mesma mañá e o resto do persoal será cesado paulatinamente até o próximo 22 de decembro.