Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As ajudas massivas dos bancos centrais aos grandes bancos privados
29/08/2014Éric Toussaint
A partir de 2007, os governos e os bancos centrais dos países ocidentais mais industrializados, mergulhados na maior crise económica desde os anos...
Ucrânia: derrota e perspectiva
29/08/2014Jacques Sapir
A insurreição não será esmagada militarmente. Deste ponto de vista, a insurreição venceu. Kiev não dispõe mais de reservas suficientes para...
A fúria do Imperador: o caos tomará o mundo!
29/08/2014James Petras
Reina o caos em África, no Médio Oriente, na América Central e em Detroit. Toda a fronteira dos EUA com o México se tornou um centro militar de ...
Sete argumentos contra a Renda Básica Universal e a favor do Traballo Garantido
28/08/2014Eduardo Garzón Espinosa
Moito mellor que outorgarlle un ingreso fixo a todos os cidadáns é outorgarlle o dereito a traballar se así o desexan (se non o desexan ou non po...
A épidemia de ébola: Unha mostra máis da crise sistémica do capital
28/08/2014África Pineda
A epidemia de Ébola é unha mostra máis desta grave crise mundial do sistema capitalista que quere -e non pode- saír da lameira para seguir co co...
O novo futuro de Palestina
26/08/2014Txente Rekondo
Ofensiva global NATO
26/08/2014Manlio Dinucci
Ébola, o novo negocio das farmacéuticas
22/08/2014Marcos Roitman Rosenmann
Construción Construción
13/4/2009 A actividade da empresa de Ribadavia queda suxeita a unha improbábel venda
Os actuais propietarios de Ataúdes Chao amosaron a súa disposición a abonar as dúas mensualidades e a paga extraordinaria que lle adebedan aos 15 traballadores e traballadoras, así como a facilitar a carta de despedimento o máis rápido posíbel. Así llo trasladaron aos representantes do persoal nunha xuntanza mantida o luns 13 de abril, na que tamén comunicaron o cese definitivo da actividade nesta empresa de Ribadavia.
13/4/2009 O persoal decidirá o luns 13 de abril se convocan unha folga
A CIG de Valdeorras denunciou que a dirección de IPISA someteu á presión aos traballadoras e traballadores para que non acudiran a asemblea convocada para o mércores día 8 de abril ás13:00 horas co obxecto de informarlle das conversas mantidas ca dirección da empresa. Este luns terá lugar outra asemblea, desta volta no salón de actos do Consistorio de O Barco, de cara a evitar a presenza dos directivos e as presións sobre o cadro de persoal.
8/4/2009 Está en marcha o proceso xudicial pola súa readmisión
O mércores 8 de abril tivo lugar unha rolda de prensa no local sindical da CIG de Vigo, na que Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG-Construción, e Xaquín Agulla, secretario comarcal da CIG-Construción de Pontevedra, deron a coñecer a convocatoria de folga na empresa de mantemento das autoestradas AP-9 e A-57, Valoriza, unha filial do grupo Sacyr. A folga, que se desenvolverá do 14, 15 e 16 do mes de abril, rexístrase logo de 12 despedimentos na empresa, dos que 11 se deron con carácter fulminante, e o 23 de marzo prodúcese o último despido, porque ese traballador estaba en situación de baixa por IT.
7/4/2009 Denuncian a retirada de materiais das instalacións
As traballadoras e traballadores de “Ataúdes Chao Escudero”, en Ribadavia, continuarán esta semana diante das instalacións da fábrica de cadaleitos á espera da confirmación da noticia da venda da empresa, que segundo a actual dirección se vai producir na xornada de hoxe, 7 de abril. Segundo explicou o responsábel da CIG-Construción en Ourense, Xan Losada, as informacións que chegan sobre este punto son contradictorias, polo que o persoal “vai continuar presionando á dirección polo menos para cobrar as dúas mensualidades e a paga que se adebeda”.
7/4/2009 Se a patronal non facilita información convocarán folga indefinida
Os traballadores e traballadoras que continúan a traballar na fábrica da lousa de Ipisa (131 dos 300 que traballaban na mesma hai menos de ano e medio) realizaron unha asemblea o luns 6 de abril para abordar cal é a situación de incertidume e inestabilidade que se mantén nesta empresa desde o pasado verán. Nesta asemblea, que contou cunha participación moi ampla, decidiuse que o Comité solicitará unha reunión coa patronal para coñecer cal é a situación desta louseira, asi como acordaron convocar mobilizacións para pedir o pago dos salarios que se lles debe.
6/4/2009 Haberá máis xornadas de folga e manifestación en León
O persoal da Vidreira do Atlántico iniciou a oitava xornada de folga o domingo 5 de abril desde as dez da noite, que se prolongará até as seis da mañá do martes, 32 horas continuadas. Os traballadores e traballadoras mantiveron o sábado 4 de abril unha asemblea, na que acordaron que se non se dá unha solución ao conflito neste mes, estenderanse as xornadas de folga fixadas. Ademais convocará unha nova mobilización, que desta volta será en León, cidade na que o grupo Ba Glass, donos da Vidreira, teñen unha factoría, como continuación á que se realizou no Porto, co apoio dos compañeiros da CGTP.
6/4/2009 Obrigan ao persoal a traballar nos dias festivos de convenio
SACYR, unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense, está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e obrigando a traballar en datas que son festivas de Convenio, como son estas da semana santa. Para cubrirse as costas, ponlle a cada traballador a asinar un escrito por cada un dos días festivos que traballen (neste caso polo luns, martes e mércores) no que en teoría cambian as datas por outras posteriores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com