Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Ensino Ensino
21/5/2013 A Xunta xunto con CCOO e UGT excluíron á central nacionalista destes órganos
En abril de 2009 a Xunta iniciou a constitución dos Consellos Sociais dos Centros Integrados de Formación Profesional integrando unicamente aos/ás representantes de CCOO e UGT e deixando fóra á CIG, malia ser a organización sindical maioritaria no ensino. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de estimar o recurso contencioso-administrativo presentado pola central sindical e declara o dereito da CIG-Ensino a participar na designación dos membros da extracción sindical.
16/5/2013 Durante a protesta recolleranse sinaturas en solidariedade coas afectadas/os
A CIG-Ensino convoca unha nova concentación solidaria coas persoas despedidas no centro San Xerome Emiliani da Guarda. Durante a protesta, que terá lugar na Alameda este sábado 18 ás 11.30 horas, tamén se recollerán sinaturas  para reclamar a readmisión dos afectados/as.
14/5/2013 Organizado pola AS-PG, CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e a Deputación de Lugo
Máis de 2.000 rapaces e rapazas percorreron as rúas de Compostela nunha nova edición do Correlingua baixo o lema “Galego, a chave do mundo”. A carreira rematou cunha festa final conducida polo actor Pepe Penabade e a lectura do manifesto gañador do Correlingua, que correu a cargo do alumnado do IES Antón Fraguas. A actuación musical de Monoulious Dop, banda gañadora do concurso Cantalingua, pechou o acto.
13/5/2013 No acto final en Castrelos haberá música, espectáculos de maxia e darase lectura a un manifesto
Máis de 2000 escolares de Vigo e da súa comarca percorrerán as rúas da cidade este mércores día 15 nunha nova edición do Correlingua, que se celebra baixo o lema “Galego, chave no mundo”. Haberá distintas aactividades como música, espectáculos de maxia e lectura do manifesto.
13/5/2013 A carreira pola lingua discorreu entre a Torre de Hércules e os Xardíns de Méndez Núñez
A edición 2013 do Correlingua -carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos- chegou este luns ás rúas da Coruña. A carreira, que partiu pouco despois das 11 horas da explanada da Torre de Hércules, contou coa participación de arredor de 4.000 escolares procedentes de distintos centros da comarca da Coruña.
13/5/2013 Continúan as as protestas diarias ás portas do centro para reclamar a readmisión dos catro traballadores/as
A CIG-Ensino vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas en solidariedade coas persoas despedidas do centro San Xerome Emiliani da Guarda e para reclamar a súa readmisión. Máis de 300 persoas xa amosaron o seu apoio á iniciativa dende o pasado sábado día 11 de maio.
9/5/2013 Máis de 40.000 persoas participaron nas mobilizacións convocadas en todo o país pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
A CIG-Ensino valora como un “rotundo éxito” o seguimento en Galiza da folga contra a LOMCE, un dos territorios do Estado onde a participación foi máis elevada. Preto do 90% do alumnado e o profesorado non estiveron hoxe nos centros educativos. “Foi un verdadeiro éxito e debera servir para que o Goberno do Estado paralice unha lei tan letal para o ensino público galego”; subliñaba o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com