23/2/2010
O borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira esixindo un determinado nivel para o profesorado
Na mesa sectorial do 23 de febreiro debateuse o borrador do Decreto de ordenación xeral da FP do sistema educativo de Galiza. A CIG-Ensino criticou un dos aspectos máis preocupantes e regresivos desta proposta que é a nula referencia ao Decreto que regula o uso do noso idioma. Así, dentro da política de ataque sistemático ao noso idioma por parte desta Administración, o borrador de Decreto non recolle ningunha alusión ao uso do galego, mais si se recollen as linguas estranxeiras, até o extremo de que o borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira, esixindo un determinado nivel ao profesorado.
23/2/2010
Comunicóuselle o rexeitamento de moitos dos aspectos que recolle a proposta de Pacto Educativo
O Ministro de Educación, Angel Gabilondo entrevistouse, o luns 22 de febreiro, co secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao e o secretario de Relacións Institucionais, Duarte Correa, no Ministerio de Educación. Unha xuntanza na que a CIG-Ensino lle trasladou as cuestións que preocupan ao profesorado galego e que son necesarias para a mellora da educación.
22/2/2010
Afirma que se converteu nun “verdadeiro panfleto político do partido que actualmente goberna”
O portal educativo da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es), cambiou a súa imaxe e o seu contido para converterse nun escaparate propagandístico do Partido Popular, poñendo en evidencia, unha vez máis, o verdadeiro talante do actual goberno da Xunta, a preocupación pola propaganda e a ineficaz acción de goberno.
19/2/2010
CIG-Ensino percorrerá os centros coa nova campaña de Queremos Galego en que o profesorado declarará a súa vontade de impartir aulas en galego
A CIG-Ensino, como integrante da Plataforma Queremos Galego, inicia estes días unha campaña de recollida de pronunciamentos do profesorado en prol de continuar impartindo aulas en galego.
11/2/2010
A Federación reclama que se restabelezan os intercambios pola súa utilidade para a aprendizaxe das linguas
A CIG-Ensino está promovendo escritos dos centros aos consellos
escolares e claustros de profesores para que a Consellaría de Educación
manteña as axudas ao alumnado para poder participar en estadías e
intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a
aprendizaxe activa das linguas.
9/2/2010
Constátase así que os idiomas estranxeiros eran unha escusa para reducir a presenza do galego nos centros
A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.
3/2/2010
Entende que a consellaría non ten máis saída que a retirada das Bases para o Decreto do Plurilingüismo
Malia os intentos do PP por evitar a resposta social a este documento e a pesar dos resortes propagandísticos empregados non conseguiron convencer a ninguén e, desde a noite do día 30 de decembro, sucedéronse as mobilizacións e os rexeitamentos do profesorado, os seus representantes, do alumnado, dos pais e nais, Movementos de Renovación Pedagóxica, da Real Academia Galega, das Universidades, Instituto da Lingua Galega, dos traballadores da normalización lingüística, do Consello da Cultura, do que forma parte o propio Conselleiro de Cultura, e doutras moitas entidades.