Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Ensino Ensino
9/10/2009 A pescuda afecta á provincia de A Coruña e xa están citados uns 200 docentes
A Inspección de Traballo está a realizar unha investigación sobre os nomeamentos de profesorado substituto durante o verán de 2008, que poderían supor a reclamación aos traballadores/as afectados do diñeiro percibido pola prestación de desemprego e a anulación da cotización á Seguridade Social deses meses. A actuación da Inspección responde as melloras laborais recollidas no acordo do ano 2006 polo que o profesorado substituto que acumulase cinco meses e medio de contrato conseguía o dereito a un nomeamento durante o mes de xullo e os días pertinentes de agosto. 
8/10/2009 O órgano aproba unha emenda da CIG en contra de eliminar o módulo de cociña galega de vangarda do currículo dun ciclo de hostalaría
Durante o Consello Escolar, celebrado este xoves 8 de outubro, no que estaba previsto ditaminar 4 modificacións de currículos de ciclos formativos aprobados o pasado curso, a CIG presentou unha emenda contraria a eliminación do módulo de “Cociña Galega de Vangarda” do currículo Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía. Esta emenda foi apoiada maioritariamente polos membros do Consello Escolar de Galiza (14 a favor da emenda, 7 en contra e 3 abstencións) polo que no seu ditame rexeitase a pretensión da Consellaría de profundar na desaparición da realidade galega dos contidos educativos.
8/10/2009 Reclaman tamén a dotación de persoal administrativo en todos os centros
O Consello Escolar de Narón acordou manifestar publicamente o seu rexeitamento ao programa de gratuidade de libros de texto para este curso 2009-2010 posto en marcha pola Consellaría de Educación. A decisión foi adoptada na sesión celebrada este martes 6 de outubro a proposta da CIG-Ensino.
6/10/2009 O mércores 7 será o profesorado de Pontevedra o que tome o relevo nas accións contra a circular da Consellaría
Profesores/as e delegados sindicais continúan na xornada do martes 6 de outubro o peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para reclamar a retirada da circular 5/2009 e o inicio de negociacións na Mesa Sectorial. O peche permanecerá activo até as 7:00 horas do mércores cando tomará o relevo o centro de Pontevedra.
5/10/2009 As protestas prolongaranse até o 22 de outubro de xeito ininterrumpido en seis centros
Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación.
5/10/2009 A circular foi asinada polo conselleiro de Educación e o Secretario Xeral para o Deporte
A Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellaría de Educación solicitaron, a través dunha circular, a colaboración do profesorado para pór en marcha o programa XOGADE “Xogos Galegos Deportivos Escolares”. A cambio, a administración comprometíase a compensalos cunha redución  máxima de tres horas semanais do seu horario de permanencia no centro. Porén agora, tanto o Servizo de Inspección como a Secretaría Xeral para o Deporte negan esa posibilidade. Por iso, a CIG exixe seriedade por parte da administración e o cumprimento dos seus compromisos.
5/10/2009 A eliminación da gratuidade dos libros de textos está a ocasionar que moitos alumnos/as carezan do material didáctico preciso
A CIG-Ensino está a detectar en diferentes centros que, a estas alturas do curso, hai alumnado que aínda non ten libros de texto para utilizar nas aulas, feito que, ademais de dificultar a marcha normal das clases, discrimina a aqueles alumnos e alumnas procedentes de familias cun nivel de renda baixo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com