Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
FGAMT FGAMT
22/5/2013 Unha representación dos afectados e da CIG-Mar manterán unha xuntanza este xoves co alcalde de Pontevedra para reclamarlle o seu apoio á mobilización
Os mariñeiros da flota cefalopodeira galega en Mauritania animan á cidadanía a participar na manifestación do venres 24 en Marín para reclamar un novo acordo pesqueiro entre a UE e o país africano que lles permita regresar ao traballo. Unha representación dos afectados e da CIG-Mar manterá unha xuntanza co alcalde de Pontevedra para solicitarlle o seu apoio a unha marcha que partirá da Alameda ás 20.30 horas.
21/5/2013 Reclamaron a Alfonso Rueda que aclare cales son os condicionantes actuais que están a impedir acadar unha solución definitiva
Os traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos realizaron este martes unha concentración diante do edificio da Deputación de Lugo para esixir unha solución á factoría, aproveitando a visita do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, co cal puideron manter unha breve entrevista e ao que lle reclamaron que explique cales son os condicionantes que están a impedir a posta en escea dunha solución definitiva para a planta.
20/5/2013 A CIG e os traballadores/as advirten que, a pesar da inminente entrada en concurso de acredores, continuarán na defensa dos postos de traballo
Os traballadores/as de Alimentos Lácteos, inmersa nun proceso de suspensión da totalidade dos contratos, mantiveron este luns unha nova asemblea nas instalacións da factoría, na que repasaron a situación actual, “sen que se puidera observar algún asomo de vida ou implicación no que ao papel da Xunta de Galiza afecta”.
16/5/2013 A marcha sairá da Alameda da localidade morracense ás 20.30 horas
O alcalde de Bueu e os grupos municipais de Marín confirmáronlle á CIG-Mar e aos mariñeiros da flota cefalopodeira en Mauritania o seu apoio á manifestación convocada o venres 24 de maio para reclamar un acordo entre a UE e o país africano que permita faenar aos barcos galegos. A marcha partirá da Alameda de Marín ás 20.30 horas.
16/5/2013 A dirección negou á representación do persoal a posibilidade de participar no Consello de Administración da empresa
Na mañá deste xoves, o Comité de empresa de Alimentos Lácteos compareceu nas instalacións da factoría en Outeiro de Rei para a reunión semanal coa dirección e que, neste caso, era previa á reunión que mantería posteriormente a dirección da empresa co Consello de Administración da mesma. Porén, continúase sen novidades e sen maior información por parte da Xunta de Galiza para unha solución, “quen promoveu e orquestrou até o de agora todos os movementos que se xulgaban precisos para a solución na empresa”.
16/5/2013 A FGAMT-CIG de Lugo denuncia as manobras da empresa para se desfacer do persoal con máis antigüidade
A CIG de Lugo realizou este xoves unha concentración solidaria cos sete traballadores/as despedidos da Panadería Bollería Majufer, aos que a empresa aínda non abonou as contías correspondentes á liquidación e a indemnización, “obrigando así ao persoal a recorrer a vía xudicial para conseguir o pagamento dos seus salarios”.
15/5/2013 Os traballadores/as, que o martes se reuniron co Xesgalicia e acudiron de novo ao Parlamento, porán en escena esta noite unha procesión polas rúas de Lugo
O martes, os/as traballadores/as de Alimentos Lácteos volvían unha vez máis a Santiago de Compostela para tentar arrincar unha resposta favorábel por parte do Goberno galego para o proxecto de negocio, primeiro na reunión co responsábel de XesGalicia e despois no propio Parlamento. Porén, malia a proximidade da entrada no concurso de acredores, do cumprimento cos requisitos marcados pola administración e das distintas iniciativas presentadas no Pazo do Hórreo, o persoal regresaba a Outeiro de Rei coas mesma incerteza e “sen que existan perspectivas, datas significativas ou pasos definitivos a concretar nesta semana ou na que vén”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com