Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
FGAMT FGAMT
2/10/2009 Os traballadores/as reiteran que non existen motivos para o traslado dunha empresa rendíbel e cunha importante cota de mercado
Os traballadores/as de Bunge Ibérica, CIG e CCOO solicitaron á Xunta de Galiza máis implicación no conflito que dende hai máis de medio se está vivindo na empresa instalada en Culleredo. O chamamento vén despois de coñecer a sentenza desfavorábel ás pretensións da dirección de pechar a fábrica e trasladar ao cadro de persoal a outras plantas do Estado.
1/10/2009 Será en Pontevedra, ás 12.30, co director xeral de Relacións Laborais
O venres 2 de outubro por primeira vez desde que se iniciou o conflito e a presentación do ERE a finais de xuño en Treves, a Administración, a través do director xeral de Relacións Laborais convoca ao Comité de Empresa e á dirección de empresa a unha xuntanza ás 12.30 no edificio da delegación territorial da Xunta en Pontevedra, na que tamén vai estar presente a Inspectora de Traballo que leva este ERE.
29/9/2009 Critican a actuación de CCOO ao apoiar unha votación “ilegal” e referendar un acordo que recorta os dereitos do persoal
Os 237 traballadores e traballadoras de Caramelo despedidos/as por mor do ERE aprobado pola Xunta de Galiza o pasado mes de agosto, remitiron un comunicado de prensa manifestando a súa opinión a respecto de todo o proceso levado a cabo pola dirección da empresa, así como sobre as decisións tomadas tanto pola administración como por CCOO, que se desmarcaron da vontade expresada pola maioría do persoal para permitir unha regulación que emprego que consideran “unha fraude”.
25/9/2009 A CIG denuncia que con este peche se quere acabar co movemento sindical e co convenio referencial en todo o Estado que tiña este centro
Desde marzo, pola crise da automoción, os traballadores e traballadoras de Garevol estaban afectados por un ERE de suspensión, que ampliaron en agosto dous meses máis para buscar unha saída empresarial a este centro especial de emprego. O xoves 17 de setembro a empresa convocou ao Comité de empresa para informar da súa vontade de levar adiante un ERE de extinción para fechar esta fábrica. Desde a CIG denuncian que este peche remata cun importante movemento sindical de traballadores e traballadoras con diversidade funcional e co mellor convenio de todo o Estado español dun centro especial de emprego.
23/9/2009 A central reclama unha maior implicación do goberno, pois de non concretarse un comprador a planta pechará en decembro
A CIG de Lugo vén de amosar novamente a súa preocupación pola situación na que se poden atopar os 155 traballadores/as da planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei o vindeiro mes de decembro, cando remate o período de suspensión temporal de emprego, de non concretarse un comprador. Dende a FGAMT-CIG de Lugo reclámase unha maior implicación da administración galega e denúnciase a actitude demagóxica e de parálise total que a Xunta de Galiza está a ter neste conflito.
23/9/2009 Desconvocan a folga da próxima semana
Desde as once da mañá comezaban a xuntarse as 133 traballadoras nos arredores dos locais sindicais de Pontevedra. Estabamos diante dunha nova xornada de folga e dun novo momento do conflito, xa que nesta semana se coñeceu o posicionamento negativo da Inspección e o informe negativo emitido ao respecto do ERE. Agora só queda coñecer o dictame da autoridade laboral competente: a Xunta de Galiza, e, nese sentido, desde o persoal de Treves reafirmaron a súa firme vontade de continúar a pular polo mantemento dos seus postos de traballo.
18/9/2009 Dende a Unión Comarcal de A Coruña rexéitanse as declaracións de Beatriz Mato e reitérase a petición de dimisión
A CIG, en resposta ás ultimas declaracións feitas pola conselleira de Traballo a respecto do ERE de Caramelo e na conta desta central, quere lembrar que foi a Consellaría quen, coa aprobación do expediente “tirou polo precipicio” 237 postos de traballo, ademais de posibilitar á empresa para levar a cabo a deslocalización da produción a China.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com