17/9/2009
80 traballadores/as votaron a favor, mentres que 126 dixeron que non ao texto apoiado por UGT, CCOO e SITA
A FGAMT-CIG estivo desenvolvendo na última semana un proceso asembleario para tentar frear a sinatura do preacordo para o convenio colectivo acadado entre a dirección de Audasa e UGT, CCOO e SITA, ao consideralo insuficiente en materia económica e un retroceso para as condicións laborais do persoal desta empresa. O resultado das tres votacións realizadas en diferentes centros resulta claro: 80 traballadores/as votaron a favor do si, mentres que outros 126 dixeron non á sinatura do preacordo.
17/9/2009
Ao non comparecer unha das testemuñas
O xuízo previsto para a mañá do 17 de setembro na sala do Social de Ferrol polo despedimento dun traballador de Rialsa-Monbus, afiliado da CIG, quedou finalmente suspendido ao non comparecer unha das testemuñas, neste caso o responsábel da empresa no zona.
16/9/2009
A partir das 11 horas, coincidindo coa celebración do xuízo
A FGAMT-CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o xoves 17 de setembro diante dos Xulgados de Ferrol, con motivo do xuízo que se vai celebrar ás 11:45 horas na Sala do Social polo despedimento do Xefe de Servizos da empresa Rialsa-Monbus, presuntamente cesado por ser afiliado desta central sindical.
15/9/2009
Pecháronlles as portas e durante dúas horas permaneceu pechado este edificio público
O martes 15 de setembro tiña lugar unha nova xornada de folga na fábrica de Treves da Avenida de Vigo. Neste día de mobilización e loita polo mantemento dos 133 postos de traballo, ameazados pola deslocalización e un ERE de extinción, as traballadoras de Treves decidiron levar a súa protesta até a Deputación de Pontevedra. Alí ás dez da mañá tentaron entrar mais cando as mulleres concentradas encamiñaron os seus pasos cara á porta principal, pecharon as portas. Durante preto de dúas horas o edificio permaneceu pechado, e pouco despois das doce da mañá finalmente accedían a que as traballadoras entraran ocupar o Salón de Plenos da Deputación, onde permanecerán pechadas até as dez da noite.
14/9/2009
Críticas ao papel da Xunta neste confllito, ausente en todo momento, e que ten o 10% das accións desta empresa
O venres 11 de setembro a partir das 19 da tarde daba comezo unha marcha desde o Polígono Lalín 2000, emprazamento da fábrica do téxtil Montoto, de máis de cinco quilómetros e medio até a praza da Igrexa de Lalín, onde estaba convocada unha concentración de apoio ás oito da tarde. Nesta camiñada, escoitáronse berros contra a deslocalización a Marrocos e Bulgaria da produción desta firma, asi como se chamaba á atención á Administración autonómica sobre este conflito, do que a Xunta permanece allea, aínda que é accionista de Montoto e aínda que esta empresa é fundamental para esta comarca e para o tecido produtivo da mesma.
11/9/2009
A FGAMT de Ferrol denuncia cunha concentración a represión sindical que está a padecer esta compañeiro
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol mantiveron unha concentración na mañá do 11 de setembro para denunciar a represión sindical que está a padecer un traballador da estación de servizo “BP-París” dende que saíu elixido polos seus compañeiros/as nas eleccións sindicais.
10/9/2009
Solicitan a dimisión da conselleira de Traballo por prevaricación
Un grupo de traballadoras/es de Caramelo e delegados e delegadas da CIG na comarca de A Coruña concentráronse na mañá do 10 de setembro diante dos edificios administrativos da Xunta para denunciar a ilegalidade do expediente de regulación da fábrica de A Grela e reclamar á Dirección Xeral de Relacións Laborais que resolva dunha vez o recurso de alzada presentado pola central en contra da aprobación do ERE. Así mesmo, criticouse a actuación de CCOO neste proceso e demandouse a inmediata dimisión da conselleira de Traballo.