Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
FGAMT FGAMT
13/2/2013 Os afectados/as denuncian que foron expulsados do caladoiro mauritano mentres barcos chinos, rusos e holandeses seguen a faenar en augas africanas
Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega convocan unha manifestación este venres día 15 en Marín para reclamar un novo acordo pesqueiro da UE con Mauritania que lles permita traballar no caladoiro do país africano. A marcha, que conta co apoio de numerosas organizacións sindicais, políticas e sociais, partirá da Alameda ás 20.00 horas.
6/2/2013 A empresa segue sen ofrecer nada novo e o persoal aínda está pendente de poder cobrar o paro
Nos últimos días continuaron as mobilizacións de traballadores e traballadoras de Transportes Duco no centro de traballo de Santiago no Polígono do Tambre. Concentracións diante da nave, marchas e manifestacións polo polígono e peche nas instalacións de Stock 3.
6/2/2013 Os traballadores/as irán a folga de xeito continuado entre o 25 de febreiro e o 5 de marzo
As organizacións sindicais seguen á espera dunha resposta da patronal de ambulancias do 061 e da Consellaría para abrir unha mesa de negociación a tres bandas, logo da infrutuosa xuntanza mantida o pasado luns con representantes da administración en Compostela.
4/2/2013 Cinco meses sen cobrar, sen traballo, sen paro e sen subsidio
O Comité de Empresa de Transportes Duco S.L. acompañado polo cadro de persoal en pleno e polo representante da FGAM-CIG, Inácio Pavón, comparecía en rolda de prensa este luns para denunciar a súa grave situación. A empresa adebédalles as nóminas desde outubro, xunto coa paga extra. Durante eses meses, malia non cobrar seguiron a realizar o seu traballo adiantando cartos do seu propio peto. Desde mediados de xaneiro saben que quedarán no paro, pero polo de agora, nin poden apuntarse como demandantes de emprego, nin cobran prestación algunha. A empresa ademais ameázaos con deixalos sen paro se non asinan o ERE extintivo que lles propón
1/2/2013 As traballadoras e traballadores presentaron reclamación pola vía xudicial, porque a estas alturas viven xa da caridade familiar
A Unión Local das Rías denunciaba esta mañá en rolda de prensa a grave situación que padecen as traballadoras e traballadores da empresa de produtos conxelados Lumar Natural Seafood S.L. que ten as súas instalacións no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. Levan entre 7 e 8 meses sen cobrar e logo da asemblea de traballadoras/es convocar folga, comezaron a padecer ademais acoso laboral.
30/1/2013 O persoal decidirá en asemblea se modifica o calendario de mobilizacións
Os traballadores e traballadores das ambulancias do 061 continuarán mañá xoves e o venres coas xornadas de folga (e xa van 12 días) en demanda dun compromiso da patronal para manter a vixencia do actual convenio colectivo até finais do ano 2014, mentres se negocia o novo marco normativo.
30/1/2013 A asemblea de traballadores/as reflicte o malestar e desconfianza xerados tras o anuncio de solicitude de preconcurso
O anuncio da solicitude de preconcurso por parte de Alimentos Lácteos acaba de dar un novo golpe á feble situación na que se atopa a empresa de base cooperativa, por mor da falta de liquidez e provedores. Dende a FGAMT-CIG de Lugo reclámase a todas as partes implicadas que transmitan información clara e precisa sobre o que está a pasar e que actúen con dilixencia para garantir o futuro da planta e todos os empregos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com