Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Metal Metal
16/5/2013 Concentráronse diante do edificio da Xunta para esixirlles aos Gobernos español e galego “a súa implicación real na busca dunha solución”
Traballadores/as e parados/as do sector naval da CIG de Vigo retomaron hoxe as mobilizacións en defensa do sector cunha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza -que tará continuidade todos os xoves- para reclamarlles aos Gobernos español e galego “a súa implicación real na busca dunha solución á grave crise que atravesa unha industria da que dependen milleiros de familias na comarca”.
16/5/2013 A empresa comunicou ao afectado que xa non tiña traballo para el once días despois de que presentara papeleta de conciliación
Os xulgados da Coruña acolleron o mércores o xuízo contra a multinacional ThyssenKrupp Elevadores por despedir a un traballador ao que tiña como falso autónomo, logo de este que denunciara á compañía para se recoñecera a súa relación laboral como asalariado.
9/5/2013 O expediente afectaría aos centros das Somozas e Narón e suporía o despedimento de case 70 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Alstom están secundando este xoves unha xornada de folga en contra das pretensións da empresa de aplicar un ERE para o conxunto das plantas que a multinacional ten no estado español e que suporá unha redución brutal de persoal. Coincidindo co paro, os empregados/as de Galiza partían esta madrugada en autobús dende o Polígono de Río do Pozo (Narón) cara a Madrid para participar nunha manifestacións conxunta en rexeitamento aos plans da empresa.
2/5/2013 A multinacional quere impor 240 horas de flexibilidade, control sobre o goce das vacacións e unha rebaixa do 3% do plus de quendas
O Comité de empresa de Vestas-Chavín vén de amosar o seu rexeitamento ás pretensións da empresa de impor, durante a negociación do novo convenio, unha maior flexibilidade da xornada laboral e unha rebaixa das percepcións, baixo a escusa de buscar máis competitividade. Neste senso, a representación social lembran que, dende o mes de outubro de 2012, na planta de Viveiro se incrementou case nun 20% máis o número de máquinas que saen e iso a pesar de contar con menos traballadores/as.
29/4/2013 Un representante sindical interveu na sesión para reclamar o apoio dos grupos políticos e criticar “a campaña de propaganda” da Xunta do PP
Un grupo de traballadores do naval vigués participou hoxe no pleno municipal para reclamar o apoio dos grupos políticos e denunciar a campaña de propaganda da Xunta do PP “porque os problemas do sector non se arranxan en México senón en Madrid e Bruxelas”. Un representante sindical compareceu na sesión para lembrar que se trata dunha industrial fundamenta para a comarca na que se pecharon unhas 200 empresas auxiliares e se destruíron máis de 10.000 empregos.
19/4/2013 Dende a CIG-Metal acusan á Xunta de organizar unha campaña de propaganda para desmobilizar unha industria en perigo de desaparición
Un grupo de traballadores/as e delegados/as do naval vigués concentráronse hoxe ás portas do edificio da Zona Franca en Bouzas, onde se celebra a feira Empregalia á que acuden milleiros de persoas en busca dunha oportunidade laboral, para reclamar “postos de traballo reais” nun sector fundamental para a comarca. Dende a CIG-Metal acusaron á Xunta de organizar unha gran campaña de propaganda cos supostos contratos con Pemex para desmobilizar unha industria en grave perigo de desaparición que nos últimos anos destruíu máis de 10.000 empregos directos.
19/4/2013 A CIG-Metal de Ourense demanda a implicación do goberno galego ante unha noticia que considera “durísima”
A CIG-Metal considera que a noticia do despedimento de 170 traballadoras da empresa T-Solar, situada no Parque Tecnolóxico de Galiza en Ourense, é “durisima” e insta ao goberno galego a que se involucre no problema e faga o posíbel para tratar de salvar os postos de traballo, xa que a empresa recibiu importantes axudas económicas das administración públicas e mesmo, nos últimos meses, medio millón de euros.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com