17/3/2010
Afecta a máis de 40 concellos e a arredor de 500 traballadores/as
Os traballadores e traballadoras de Aquagest e as centrais sindicais CIG e UGT veñen de anunciar, en rolda de prensa, a convocatoria de folga indefinida a partir da Semana Santa para exixir a paralización da política de despedimentos que vén de pór en marcha a empresa, a readmisión dos traballadores despedidos até o de agora e o desbloqueo da negociación colectiva. A folga afectará a arredor de 500 traballadores/as e a máis de 40 concellos como Santiago, Pontevedra, Ourense, Barbanza, Carballo, Laracha, Betanzos, Sada, Ribadeo ou Ribeiro, entre outros.
11/3/2010
Descontáronlles dous dias da prima de produción
A sección sindical da CIG en Ence informa aos traballadores que na Xunta convocada pola empresa para o dia 2 de marzo "o único que a empresa quería era saber cales eran as nosas reivindicacións e marcar un calendario para falar sobre as mesmas"
19/2/2010
Co paro, que tamén afecta ao centro de Huelva, o persoal quere denunciar os abusos cometidos pola dirección e reclamar un plano de xestión empresarial
O 99% dos traballadores e traballadoras de Ence en Pontevedra secundaron as dúas xornadas de folga convocada polo Comité Intercentros na empresa en demanda dun plano estratéxico que garanta o futuro dos empregos, contra dos reiterados incumprimentos dos convenios e acordos, así como para denunciar a falla de medidas de seguridade, a mala xestión empresarial e o deterioro das relacións laborais. A folga que comezou ás 6:00 horas do xoves 18 darase por rematada á mesma hora deste sábado, aínda que o Comité non descarta a convocatoria de novas medidas de protesta.
19/2/2010
A sección sindical da CIG amosa o seu máis absoluto rexeitamento ao que se deu en chamar “Plan de adecuación do cadro de persoal”
A sección sindical da CIG de Gas Natural – Unión Fenosa, vén de denunciar a intención do grupo empresarial de amortizar mil postos de traballo, a metade a través de despedimentos improcedentes, coa aplicación dun Plan de adecuación do cadro de persoal. A CIG exixe que tanto o goberno central, como a Xunta de Galiza e mesmo os concellos deben exixir á empresa o mantemento do emprego. Salientan ademais que, desde o mes de xuño agardan a ser recibidos polas conselleira de Traballo para darlle a súa opinión respecto da fusión.
29/1/2010
O mércores 27 de xaneiro celebráronse eleccións nos dous centros que a empresa ten nas Pontes, acadando 8 dos 18 delegados
Logo da celebración das eleccións sindicais, a CIG volveu quedar como primeira forza sindical nos dous centros de traballo que a empresa Einsa ten no Polígono de Penapurreira, nas Pontes. No conxunto da representación, a central nacionalista obtivo 120 votos, acadando 8 delegados, mentres que CCOO conseguiu 5 delegados, ao igual que UGT.
29/1/2010
A empresa, que ademais terá que abandonar a nave na que está instalada por orde xudicial, tamén adebeda ao persoal as pagas extraordinarias xullo e nadal
A Federación de Químicas, Enerxía e Artes Gráficas da CIG denunciou a situación na que se atopan os traballadores da imprenta Venus Artes Gráficas, que levan sen cobrar os seus salarios desde decembro de 2009. A empresa, que ademais terá que abandonar, por orde xudicial, a nave do Polígono de Pocomaco (A Coruña) onde está instalada, tamén adebeda aos sete operarios as pagas extraordinarias de xullo e nadal, así como a de beneficios do pasado ano. Dende a CIG-Químicas xa se puxo en coñecemento da Inspección de Traballo e máis do xulgado so social esta situación.