Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso Ã...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Químicas Químicas
2/3/2012 A empresa ourensá de aeronáutica di que foi a mutua médica a que tomou a decisión tras comprobar, sen seguir os protocolos que establece a lei, que non existe risco para a saúde
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar ante a Inspección de Traballo que a empresa ourensá Componentes Aeronáuticos (Coasa) está a dar de alta a traballadoras que colleron unha baixa por lactancia ao desenvolver o seu labor en contacto con substancias perigosas. A compañía aeronáutica sostén que foi a mutua médica privada a que tomou a decisión tras supostamente ter comprobado que non existen riscos para a saúde das mulleres nin dos seus fillos/as, pero dende a central nacionalista lembran que o fixo sen seguir os protocolos que establece a normativa.
27/1/2012 A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.
24/1/2012 A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
16/12/2011 A federación de Químicas e Enerxía consegue impoñerse á UGT e suma un delegado/a máis que a central española
A Confederación Intersindical Galega alzouse coa maioría nas eleccións sindicais celebradas recentemente na empresa Biofabri do Porriño. A central nacionalista obtivo un delegado/a máis que a UGT, rompendo deste xeito a tendencia dos últimos anos.
16/12/2011 A central nacionalista logrou catro delegados e consolida a súa presenza nas instalacións da empresa en Teixeiro
A CIG conseguiu a maioría absoluta nas eleccións celebradas o xoves 15 de decembro na empresa Bioetanol Galicia, S.A., situada en Teixeiro (Curtis), ao acadar catro dos/as cinco representantes que conformarán o Comité de empresa. A central nacionalista consolida deste xeito a súa presenza neste centro de traballo, xa que a lista independente só acadou unha delegada no colexio de técnicos e administrativos, mentres que nin CCOO nin UGT lograron montar candidatura.
12/12/2011 A central nacionalista obtivo catro dos cinco representantes que se escollían no comité
A CIG logrou a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Aquagest, empresa concesionaria do subministro e saneamento de augas nos concellos de Pontevedra, Poio, Cambados Ponteareas, Soutomaior e a Mancomunidade do Salnés. A central nacionalista obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité de empresa e quedou a un só voto de ser a única forza sindical con representación.
25/11/2011 A central nacionalista acada con este resultado a maioría no grupo de automoción
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou a vitoria nas eleccións sindicais celebradas recentemente na empresa Dalphi Metal Seguridad ao lograr tres dos cinco delegados/as do comité. Con este resultado a central nacionalista acada a maioría no grupo de automoción con sede en Vigo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com