marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Saúde Saúde
1/9/2010 As usuarias teñen que padecer reiteradas ausencias de profesionais e o atraso constante nas citas médicas
Logo CIG-Saúde
A CIG-Saúde de Lugo vén de dar a coñecer publicamente as deficiencias do Centro de Orientación Familiar da cidade trasladadas á central sindical por numerosas usuarias deste servizo. Entre outras cuestións, a CIG recibiu queixas a respecto da ausencia reiterada do/a xinecólogo, aprazamento das citas médicas ou a inexistencia de protocolo de actuación para dar cumprimento a lei de saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.
31/8/2010 CIG-Saúde reclama unha central de chamadas pública, racional e que evite as excesivas cargas de traballo ao persoal dos centros
08-11-25 CIG-Saúde concentración 1
O Goberno galego vai gastar dous millóns de euros para privatizar o servizo de cita previa de Atención Primaria, unha decisión que critican con dureza dende a CIG-Saúde, xa que, alén de avanzar no proceso de privatización da sanidade pública, esta nova contrata favorecerá a creación de emprego precario. A Federación de Saúde da CIG esixe a Xunta a promoción dun modelo máis racional e austero e que destine eses millóns de euros á contratación de persoal estatutario para alixeirar a sobrecarga de traballo que padecen os empregados/as dos centros sanitarios.
17/8/2010 A central nacionalista alerta que o departamento que dirixe Pilar Farjas pretende privatizar un novo servizo público
Logo CIG-Saúde
A CIG-Saúde denuncia que a Consellería de Sanidade está a terxiversar os datos de profesionais que se acollen á obxección de conciencia para non practicar interrupcións voluntarias do embarazo co obxectivo de privatizar o servizo. Dende a central nacionalista consideran que o departamento autonómico que dirixe Pilar Farjas está a esgrimir informacións sen contrastar para xustificar os concertos subscritos con clínicas privadas.
5/8/2010 A central nacionalista lembra que a utilización de La Coruña e Orense é ilegal e reclama respecto pola lingua propia do país
10-05-17 Letras Galegas 3
A CIG-Saúde vén de denunciar publicamente a deturpación dos topónimos galegos na aplicación informática que xera as solicitudes a as instrucións para optar ao concurso de traslados para diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas). A central lembra que as únicas formas legais son A Coruña e Ourense e reclámalle ao Goberno galego que respecte o idioma propio do país e aplique políticas orientadas a garantir a súa defensa e promoción.
29/7/2010 Demandan ademais a negociación do Plan de Ordenación de Recursos Humanos
edificio SERGAS
As organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade denuncian as présas, que cualifican de “inexplicábeis”, da Administración, para sacar adiante e “atropeladamente”, aproveitando os días previos ás vacacións estivais, as bases de dous temas da maior transcendencia en materia de persoal e asistencial, nomeadamente os de Xestión Integrada e o do Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS.
22/7/2010 A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral de Enfermería adhírense ao Pacto de Estado pola Sanidade a cambio do Ministerio requirir a colexiación forzosa para o exercicio profesional
2010 15 07 mobilizacion sanidade ferrol
A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral da Enfermaría asinaron un documento de adhesión aos acordos acadados no Consello Interterritorial sobre o Pacto Pola Sanidade, ao tempo que expresan o recoñecemento e o liderado do Ministerio de Sanidade e Política Social neste proceso. A cambio disto, a Ministra de Sanidade apoiará que, cando se desenvolva a disposición transitoria cuarta da “Lei Ómnibus” e se aprobe a “Lei de Servizos Profesionais”, que determina o catálogo de profesións que requiran para o seu exercicio unha adscrición colexial forzosa, a devandita  Lei recolla a colexiación obrigatoria para o exercicio das profesións sanitarias universitarias.