19/4/2010
Cando a cabeceira da manifestación chegou ao edificio da Xunta a cola estaba no cruce da avenida de Vigo coa rúa Germán Adrio
"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámomos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra.
Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.
12/4/2010
A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca
Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.
12/4/2010
A solución permitiría manter parte dos servizos no recinto urbano da cidade e desconxestionar os hospitais
Diante do traslado dos servizos achegados polo Centro de Especialidades situado na Praza de Ferrol ao novo hospital, a CIG-Saúde de Lugo reclamou que parte da atención sanitaria que achega este centro continúe manténdose no recinto urbano da cidade, tanto polo volume de doentes que atende como polas dificultades destes/as para achegarse até a localización do “Lucus Augusti”. Neste senso, dende a CIG-Saúde demandouse a transformación do Centro de especialidades nun Centro de Alta Resolución e a apertura dun proceso de negociación co persoal.
9/4/2010
Convoca a Plataforma contra a privatización, baixo o lema “Polo Hospital único de Pontevedra”
A Plataforma contra a Privatización, na que está integrada a CIG, fai un chamamento a participar na manifestación convocada para o próximo día 16 de abril, ás 20:00 horas en Pontevedra, convocada baixo o lema “Polo Hospital único en Pontevedra” e contra a construción dun privado en Monte Carrasco.
A plataforma explica que a Xunta di que non ten diñeiro para ampliar
Montecelo, pero “regala” a un consorcio de bancos e aseguradoras a
xestión dun novo hospital por 20 anos. “Un negocio para eles, que
custará a todos e todas 6 veces máis”.
9/4/2010
Con saída ás 12 horas dende o Ambulatorio Fontenla Maristany
Este domingo 11 de abril continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública, desta volta en Ferrol. A Plataforma para a defensa da sanidade da área ferrolá ten convocada unha manifestación, con saída ás 12:00 horas dende o Ambulatorio Maristany, en contra das medidas privatizadoras que o goberno galego está a pór en marcha e na defensa dos postos de traballo.
7/4/2010
Os traballadores/as inician na tarde deste mércores unha recollida de sinaturas
Arredor duns cen traballadores/as concentráronse na mañá do martes diante da porta principal do CHOU para protestar pola pretensión da xerencia de pechar o hospital Piñor durante o verán e reclamar información clara sobre o futuro do centro. As protestas continuarán esta tarde na rúa do Paseo de Ourense, onde se instalará unha mesa informativa para a recollida de sinaturas.
6/4/2010
Realizarán quendas de vixilancia para evitar o traslado dos/as doentes que aínda permanecen ingresados/as
O persoal e os familiares das seis persoas que aínda permanecen ingresadas iniciaron na mañá deste martes un peche indefinido no hospital da Cruz Vermella de Vigo para evitar o traslado dos doentes e o peche definitivo do centro. Os traballadores e traballadores tiñan intención de trasladar hoxe as súas reivindicacións até a dirección provincial do Sergas, mais atopáronse cun dispositivo policial que lles impediu acceder ao edificio.