Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Saúde Saúde
3/3/2010 Vivíronse momentos de tensión coa policia
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
3/3/2010 Tivo lugar na tarde do 2 de marzo
O martes 2 de marzo celebrouse en Pontevedra un acto público organizado pola Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra, esta Plataforma está composta por entidades representativas da Área Sanitaria pontevedresa, nace para reclamar a continuación dos plans de creación do Hospital Único de Pontevedra mediante a ampliación de Montecelo.
2/3/2010 Anuncian que radicalizarán as súas protestas pola falta de vontade que hai en solucionar este conflito
Ás once da mañá tiña lugar unha nova rolda de prensa do Comité de Empresa do hospital da Cruz Vermella de Vigo, na que abordaron o estado das negociacións coa Cruz Vermella en Madrid, asi como un importante informe económico contrario ao expediente de regulación presentado, entre outros documentos que salientan que non existen razóns económicas para fechar este centro de saúde, máis alá da vontade desta "ONG" de deixar a atención sanitaria e pechar con razón ou sen ela. Tamén anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións para esta semana.
26/2/2010 Até o momento recolléronse máis de 15.000 sinaturas contra o peche deste centro asistencial
O persoal da Cruz Vermella de Vigo entregou o venres 26 de febreiro mais de oito mil sinaturas na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo en protesta polo peche do centro asistencial. Estas sinaturas somadas ás mais de seis mil apresentadas anteriormente suman un total de case quince mil recollidas ata o momento.
26/2/2010 O vindeiro 3 de marzo ás 19horas, no salón de actos de Caixa Galicia
A Sección Sindical de CIG-Saúde de Lugo vai desenvolver unha xornada o vindeiro 3 de marzo a respecto do proceso de privatización da sanidade pública iniciado polo goberno da Xunta. A xornada terá lugar no salón de actos de Caixa Galicia dende ás 19 horas até as 21:30 horas.
26/2/2010 Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción
A Plataforma pola Defensa Da Sanidade Pública presentou o venres 26 de febreiro dezaseis alegacións ao Documento de Viabilidade Económico-Financieiro do Proxecto do Novo Hospital de Vigo. Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción do Hospital e a explotación e xestión de servizos non clínicos e áreas comerciais autorizadas. Ratifican a exixencia de voltar a un modelo de financiación e xestión públicos, propio do Servizo Galego de Saude.
25/2/2010 O 25 de marzo xa está prevista unha nova manifestación, na que se fará un especial chamamento á cidadania
Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com