21/5/2013
O propietario da empresa concesionaria, Oh! Vigo, pretende sancionar o delegado da CIG e segue sen abonar as pagas pendentes
O hospital Meixoeiro de Vigo foi escenario hoxe dunha concorrida mobilización en solidariedade cos traballadores/as da cafetería, xestionada pola empresa Oh! Vigo. Dende a CIG-Servizos denuncian que propietario pretende abrirlle un expediente sancionador ao delegado sindical e continúa sen abonar as pagas que adebeda.
15/5/2013
Os salarios do persoal rebaixáronse nun 14%, os de dirección só no 1% e os da alta dirección medraron o 11,8%
Este martes
celebrouse a segunda das reunións do período de consultas aberto pola dirección
de La Voz de Galicia coa intención
de inaplicar parte do convenio en vigor. O Comité sinala que a empresa “non
mostrou vontade críbel de modificar a súa plataforma inicial”: a Proposta do 66 % e que tampouco pechou
a porta aos despedimentos baseados na disposición adicional primeira do
convenio que se discute na AGA. O comité solicita a retirada da proposta porque
entende que o informe foi elaborado ‘ad hoc’ para xustificala.
14/5/2013
O Comité Intercentros considera que o convenio negociado xa contemplaba a situación económica adversa e demanda agardar os seus resultados
O Comité Intercentros vén de
convocar a traballadores e traballadoras da Voz de Galicia á primeira xornada de loito
no marco do período de consultas aberto pola empresa para a inaplicación do
Convenio Colectivo. Unha xornada que coincide coa reunión que manterá este
martes o comité coa empresa e para a que convida ao persoal a acudir a
traballar, tanto nas redaccións como fóra delas, ataviados/as de negro como
forma de manifestar a opinión que lle merece a proposta empresarial.
9/5/2013
O principio de acordo está pendente de ser ratificado nas asembleas de traballadores/as que se celebran este xoves
A folga e mobilizacións dos traballadores e traballadoras de Darty quedaron desconvocadas logo de que se acadase un preacordo entre empresa e a parte social, que deberá ser ratificado nas asembleas do persoal que se van celebrar este xoves. O principio de acordo mellora substancialmente as cativeiras condicións económicas das indemnizacións coas que a multinacional pretendía liquidar o persoal de todos os estabelecementos que posúe no estado español.
8/5/2013
O propietario da cadea de tendas rescindiulle o contrato despois de que a empregada denunciase unha modificación substancial das condicións laborais
Delegados/as da CIG-Servizos desenvolveron hoxe unha protesta diante dunha das tendas de Mariel Boutiques en Vigo para reclamar o pago dos salarios e da indemnización que o propietario lle adebeda a unha traballadora que despediu despois de que denunciase a modificación substancial das condicións laborais. Os problemas da empregada, que se atopaba de baixa por acoso laboral cando foi despedida, comezaron cando solicita a redución de xornada para o coidado dunha filla.
7/5/2013
A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.
7/5/2013
A protesta realizouse tamén ás portas do SMAC, coincidindo co acto de conciliación
A CIG-Servizos de Ferrol realizou na mañá deste martes unha concentración ás portas do comercio que a firma Emilio Iglesias ten na Estrada de Castela en protesta polo despedimento dunha traballadora, que tamén é delegada de persoal pola central nacionalista.