25/8/2010
Piden prudencia á hora de valorar as causas ou imputar responsabilidades polo accidente con resultado de morte dos compañeiros que actuaron no incendio de Fornelos
Unha ampla representación dos catro comités provincias da empresa pública SEAGA compareceron en rolda de prensa para pedir a máxima prudencia na información que se está a proporcionar respecto do incendio forestal de Fornelos de Montes, no que faleceron dous traballadores dos equipos de extinción; denunciar a precariedade das súas condicións laborais, con equipos de protección individual inaxeitados para o labor que desenvolven, sen que se garanta a formación necesaria e con contratos que en moitos casos non superan os 20 días. Desta situación responsabilizaron á Xunta de Galiza e a un modelo no que se concibe a extinción como un negocio, priorizando o aforro de custos fronte á prevención.
24/8/2010
A CIG recorrerá o decreto de servizos mínimos por impedir na práctica o exercicio do dereito á folga
A asemblea de traballadores e traballadoras do servizo de limpeza viaria de Sada acordou a primeira hora desta mañá suspender temporalmente a convocatoria de folga en demanda dun novo convenio colectivo. A decisión chegou logo da fracaso da xuntanza celebrada a tarde do luns entre representantes do persoal e da empresa, a instancias do rexedor local, e tras coñecerse o decreto da alcaldía que estabelece uns servizos mínimos abusivos, que na práctica impiden o exercicio do dereito á folga.
23/8/2010
A empresa adxudicataria, Urbaser, négase a negociar o novo convenio colectivo
Os traballadores e traballadoras do servizo de limpeza viaria e de praias do Concello de Sada, adxudicada á empresa Urbaser, comezarán a partir de mañá, xoves 24 de agosto, unha folga indefinida de non acadarse un compromiso satisfactorio na xuntanza convocada polo alcalde do municipio para este luns ás 17 horas.
20/8/2010
CIG-Servizos denuncia que a empresa adxudicataria da recollida do lixo manifestoulle ao comité que seguirá a enviar un único operario/a na parte traseira dos camións
A Inspección de Traballo
sancionou con 8.200 euros á compañía Urbaser Ferrol por realizar a
recollida do lixo cun único operario/a na parte
traseira dos camións. Dende a CIG-Servizos da cidade departamental
-promotora xunto co comité de empresa das denuncias que motivaron a
actuación da autoridade laboral- critican que a compañía concesionaria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos xa anunciou que pagará a multa
pero non fará nada para corrixir esta ilegalidade. A central nacionalista denunciara con anterioridade a pasividade da Inspección e do Concello de Ferrol diante irregularidades cometidas pola empresa.
13/8/2010
Arredor dun cento de delegados/as e compañeiros/as dos traballadores falecidos concentráronse en sinal de protesta diante da delegación da Xunta en Pontevedra
A CIG-Autonómica esixe que se depuren responsabilidades pola morte dos dous brigadistas que traballaban na extinción dun lume na localidade pontevedresa de Fornelos de Montes. Dende a central nacionalista lembran que os membros destas cuadrillas traballan en condicións pésimas e poñendo en risco a súa vida e reclaman demisións, tanto no departamento de Medio Rural como na cadea de mando da empresa pública Seaga. Arredor dun cento de delegados/as sindicais e compañeiros dos falecidos concentráronse este luns 16 de agosto na delegación da Xunta en Pontevedra en solidariedade coas familias dos dous traballadores.
11/8/2010
A empresa Sidecu, encargada da xestión de polideportivos e piscinas, vén de despedir de forma improcedente a unha empregada
A federación de Servizos
da CIG da Coruña denuncia as represalias que están a sufrir por
parte da empresa algúns dos traballadores/as que participaron o ano
pasado na folga de instalacións deportivas. O sindicato nacionalista
sostén que Sidecu, a compañía encargada da xestión do
polideportivo de San Diego e das piscinas de Oleiros e Perillo, entre outras,
está a someter o persoal a unha presión continua e nas últimas semanas
levou a cabo varios despedimentos, o último deles improcedente.