marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Servizos Servizos
4/8/2010 CIG-Valdeorras denuncia que a compañía tamén pretendía que as operarias sufragasen a obtención do carné de camión
09-04-17camion FCC
Fomento de Construcciones y Contratas, concesionaria da limpeza viaria do Barco de Valdeorras, despediu a dúas empregadas despois de que rexeitasen traballar en domingo baixo as condicións impostas pola empresa e tampouco accedesen a custear dos seus petos a obtención do carné de camión . Dende a CIG da localidade ourensá lembran que a categoría profesional das operarias é a de limpadora e posúen unha antigüidade de máis de 15 anos neste servizo municipal xa que son persoal subrogado ás distintas concesións que o Concello levou a cabo neste tempo.
2/8/2010 A federación de Servizos non asinou o preacordo ratificado por CCOO e UGT ao non ser votado en asemblea polas traballadoras/es
2010 07 01 folga comercio textil pontevedra9
A CIG-Servizos rexeita o novo convenio do comercio téxtil da provincia de Pontevedra ao entender que o documento non contempla os obxectivos marcados polos sindicatos trala xornada de folga do pasado 1 de xullo, coincidindo co primeiro día de rebaixas. A central nacionalista critica tamén os incumprimentos en materia salarial e o feito de que o texto non fose sometido á asemblea de traballadoras e traballadores.
27/7/2010 A responsábel municipal da área accedeu a recibir o comité de empresa, que non descarta mobilizarse despois de que a reunión rematase sen avances
2010 27 07 peche limpeza colexios educación1
Arredor dun cento de traballadoras/es da limpeza dos colexios e comedores escolares de Vigo realizaron na mañá de hoxe un peche na Concellería de Educación para forzar unha reunión coa responsábel municipal que levan tempo solicitando. As operarias denuncian que os cambios introducidos no prego de condicións para a nova adxudicación do servizo incumpren o convenio colectivo. Dende a CIG-Servizos, sindicato maioritario no comité de empresa, critican que a xuntanza non servise para corrixir unha situación que pode derivar nun grave conflito no mes de setembro.
21/7/2010 Denuncian a ridícula oferta económica proposta pola empresa
20-07-10 Concentración Pull & Bear 1
Traballadores e traballadoras de Pull&Bear Loxística concentráronse na tarde do martes 20 de xullo diante das instalacións da empresa no Polígono de Río do Pozo, Narón, para denunciar a falta de avances na negociación colectiva, iniciada o pasado mes de xaneiro. Diante do inmobilismo da empresa, que propón unha oferta económica escasa, o persoal acordou comezar un calendario de protestas a partir do vindeiro mes de setembro.
20/7/2010 A CIG retoma as mobilizacións no sector aproveitando o tirón mediático da inauguración da tenda sueca na Coruña
10-07-20 Mobilización seguridade privada na inauguración do IKEA
Vixilantes da seguridade privada de todo o País concentráronse esta mañá diante do edificio do IKEA en A Coruña, coincidindo coa inauguración do primeiro estabelecemento da cadea sueca en Galiza. A protesta, convocada pola CIG-Servizos, retoma así as mobilizacións que os traballadores/as do sector veñen realizando dende hai máis de ano e medio en demanda dun convenio digno e con dereitos e cuxa negociación está paralizada dende hai meses.
6/7/2010 A central nacionalista sostén que a decisión da empresa é un caso claro de represión sindical, como o foi a revocación do delegado
CeltaPrix
A CIG recorrerá xudicialmente o novo despedimento dun bombeiro do Parque Comarcal do Morrazo ao entender que se trata unha vez máis dun claro caso de represión sindical. CeltaPrix, a empresa encargada da xestión do Parque, comunicou a rescisión do contrato días despois de que a Inspección de Traballo incoase un expediente administrativo á empresa ao constatar graves ilegalidades e irregularidades no que respecta ao cumprimento do convenio e as condicións de traballo. A compañía vén sancionando de forma reiterada dende 2009 tanto os delegados como os empregados máis activos na reivindicación dun convenio colectivo digno.