marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Servizos Servizos
5/7/2010 Durante a celebración do xuízo contra o despedimento da traballadora, o pasado venres 2 de xullo
10-06-16 Concentración xuizo delegada Geriatros I
Coincidindo coa vista do xuízo polo despedimento dunha delegada da CIG na residencia da terceira idade de Geriatros en Laraxe (Cabanas), delegados e delegadas da central desenvolveron unha concentración silenciosa diante dos xulgados para reclamar xustiza para esta traballadora, despedida por defender os dereitos dos seus compañeiros e compañeiras. Durante a vista, as testemuñas achegadas pola empresa incorreron en numerosas contradicións pondo en evidencia as acusacións formuladas dende Geriatros.
5/7/2010 Demandan a readmisión de 4 traballadores/as despedidos/as
10-07-05 Peche Mapfre Quavitae
Representantes da federación de Servizos da CIG e de CCOO e traballadores/as do sector pecháronse na Residencia da Terceira Idade de Mapfre Quavitae en San Lázaro (Santiago de Compostela) para denunciar o despedimento de 4 traballadores/as e o anuncio da dirección de proceder a máis despedimentos nos vindeiros días.
2/7/2010 A CIG-Servizos cifra o seguimento da xornada de folga nun 80 por cento e rexeita as críticas da patronal
2010 07 01 folga comercio téxtil pontevedra1
A folga convocada no sector do comercio téxtil tivo un seguimento masivo en toda a provincia de Pontevedra, especialmente nas cidades de Vigo e Pontevedra. A CIG cifra nun 80% os establecementos que pecharon as portas o primeiro día de rebaixas para protestar polo bloqueo no convenio colectivo motivado polo inmobilismo da patronal.
30/6/2010 A CIG-Servizos denuncia as pretensión da Xunta de reducir gastos “suprimindo empregos xa precarizados”
CIS Ferrol
A Xunta de Galiza vén de destruír seis postos de traballo ao prescindir do servizo de seguridade, conserxería e mantemento do Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía de Galiza, situado en Ferrol e dependente dunha Fundación da administración galega. Dende a CIG-Servizos denuncian que a Xunta pretende reducir gastos suprimindo empregos e “comezando polo anel máis feble da cadea, as traballadores e traballadoras das subcontratas”.
29/6/2010 O sector protestará o primeiro día de rebaixas polo bloqueo nas negociacións dun convenio que afecta a uns 4.000 empregados e empregadas
2010 06 29 convocatoria folga textil pontevedra1
As traballadoras e traballadores do sector do comercio téxtil da provincia de Pontevedra participarán na xornada de folga convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. O paro, que se prolongará durante todo o día, afectará a unhas 600 empresas e a arredor de 4.000 empregados/as.  
25/6/2010 O empresariado considera agora inviábel a proposta económica presentada en abril, que consistía na conxelación salarial para 2009 e 2010
09-02-26 seguridade privada 2
Tan só unha semana despois de ter sido aprobado polo Goberno español, o decreto lei de reforma do mercado laboral xa está a incidir de maneira negativa na negociación colectiva. Amparándose na “importantísima incerteza” que están a ocasionar os cambios no marco normativo e aducindo que o importante é o “mantemento do emprego”, a patronal da seguridade privada considera “inviábel” a proposta económica que presentara o 12 de abril, que consistía na conxelación salarial en 2009 e 2010. Os sindicatos rexeitan esta medida.