marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Servizos Servizos
2/6/2010 Responsabiliza a Bugallo de converter os procesos de negociación nas concesionarias de Compostela en conflitos
10-06-01 Urbaser 1
Representantes da CIG compareceron en rolda de prensa para avaliar o papel do alcalde do concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no conflito de Urbaser. Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela, acusouno de provocar que os conflitos se alonguen no tempo máis que en ningún outro lugar do país derivando, nos máis dos casos, en longas folgas nas que se coloca de parte da patronal.  Paulo Rubido, secretario nacional da CIG-Servizos, asegurou ademais, que dados os insultos e acusacións de “semiterroristas” feitas contra os traballadores pola concelleira de Servizos, Marta Álvarez Santullano, estase estudando emprender accións legais.
31/5/2010 O persoal que realiza as tarefas de portería, control e limpeza do edificio carece das condicións de seguridade e saúde laboral mínimas
Torre de Hércules
A CIG-Servizos vén de denunciar publicamente a precaria situación laboral dos traballadores e traballadoras que realizan as tarefas de control, portería e limpeza da Torre de Hércules, por mor das terríbeis condicións nas que o Consorcio de Turismo, o Concello de A Coruña e a Autoridade Portuaria manteñen o edificio Patrimonio da Humanidade.
28/5/2010 Esta é a terceira vez que se repetía o proceso electoral
Logo DIA Supermercados
A CIG-Servizos de Ferrol amosa a súa satisfacción polos resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas o pasado xoves 27 de maio en “DIA Supermercado”, nas que houbo unha elevada participación. As eleccións eran a nivel provincial e escollíase un comité de 13 representantes. O anterior estaba conformado na súa totalidade polo sindicato FETICO. Porén, tras deste proceso FETICO fica con 6 delegos/as, a CIG obtén 3 representantes, 2 CCOO e 3 a UGT.
28/5/2010 Excluíu do concurso á asociación DYA e a Serviasistencia, cuxas empregadas levan catro meses sen cobrar, mais sen aclarar cando se realizarán as subrogacións
10-05-28 Pleno Ferrol axuda domicilio
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol vén advertir ao Concello que tomará todas as medidas oportunas na defensa das traballadoras e traballadoras da asociación DYA e a empresa Serviasistencia, ás que o goberno municipal excluíu do concurso para a prestación de servizo a domicilio, e coas que mantén importantes débedas económicas. A CIG-Servizos denunciou a situación de indefensión na que teñen quedado os empregados/as destas firmas, ao non garantírselle a subrogación, e os trastornos que se están a causar aos usuarios/as deste servizo.
28/5/2010 A organización Asemaco e CCOO e UGT rexeitan redactar o texto na lingua do país alegando que é un “capricho” da central
2010 28 05 Manifa CIG letras galegas
CIG-Servizos rexeitou asinar o Convenio de Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra despois de que a asociación de empresarios do sector e as centrais CCOO e UGT se negasen a firmar o documento en galego aducindo que se trataba dun “capricho” dos representantes do sindicato nacionalista.
26/5/2010 A empresa, situada en Cambre, leva dous anos atacando o empregado de xeito continuado, impóndolle amoestacións e sancións inxustas e modificando as súas condicións de traballo
10-05-26 Concentración Envoltorios Stock II
Delegados e delegadas da CIG participaron esta mañá nunha concentración diante dos xulgados de A Coruña para denunciar a situación de persecución e acoso laboral que está a padecer un traballador da empresa Envoltorios Stock, dedicada ao comercio do papel e Artes Gráficas. A protesta coincide coa celebración do xuízo polas vacacións do traballador, que a empresa, situada no Polígono Espírito Santo en Cambre, impuxo de xeito unilateral e incumprindo a lexislación.