marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Servizos Servizos
25/5/2010 CIG-Servizos reclama á empresa concesionaria PQM que faga fronte aos pagos coa máxima rapidez
Los lebreros
A CIG-Servizos denunciou a situación na que se atopan os traballadores e as traballadoras de PQM, concesionaria dos servizos de hostalería do Arsenal Militar de Ferrol, aos que a empresa lles debe os salarios de marzo e abril. A situación vén repetir a imaxe dos últimos anos cando a anterior concesionaria, Los Lebreros, procedía sistematicamente ao impagamentos das nóminas.
24/5/2010 A empresa, concesionaria do servizo de limpeza municipal, incumpre sistematicamente a lei de prevención de riscos
logo Urbaser
A CIG-Servizos de Ferrol vén de denunciar publicamente as irregularidades cometidas pola empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria do Concello, ao infrinxir a Lei de Prevención de Riscos Laborais e pondo en serio risco de accidente aos traballadores/as. Dende a Federación criticaron tamén a actitude da Inspección e do Concello de Ferrol por non actuar con dilixencia e de xeito contundente contra as irregularidades cometidas pola empresa.
21/5/2010 A concesionaria da recollida do lixo readmite os tres operarios despedidos e mellorará as condicións laborais
20091106urbaserII
Os traballadores e as traballadoras de Urbaser, concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria en Santiago de Compostela, decidiron desconvocar a folga que mantiñan dende o 9 de maio despois de que a empresa aceptase readmitir os tres compañeiros despedidos. A patronal tamén se compromete a reorganizar os horarios, incrementar as xornadas de descanso e estudar outras melloras sociais.  
14/5/2010 CeltraPrix, a empresa concesionaria, vén de abrir un novo expediente a un traballador
10-05-13 Concentración contra represión CeltaPrix
O 13 de maio tiña lugar diante do Concello de Cangas unha concentración en resposta á represión sindical na empresa concesionaria do parque de bombeiros do Morrazo, "Celtaprix", que sanciona de forma reiterada a delegados da CIG desde o 2009. A mobilización tiña como obxectivo conseguir que o presidente do Consorcio Comarcal do que depende o parque, José Enrique Sotelo (PP) poña fin a esta situación. Para Suso García, secretario da Unión Comarcal da CIG no Morrazo, "a empresa pretende librarse dos traballadores máis reivindicativos de cara a xestionar o futuro Consorcio Provincial".
14/5/2010 Acompañadas por delegados/as da CIG pecháronse na Delegación da Consellaría de Educación en Pontevedra
10-05-13 peche Educación traballadoras Panxón
Traballadoras do CPI de Panxón e delegados/as da CIG pecháronse o xoves na delegación da Consellaría de Educación en Pontevedra para reclamar a continuidade das seis compañeiras despedidas, logo de que a Xunta decidise anular o servizo de limpeza contratado á empresa da que dependían estas empregadas, catro das cales xa levaban traballando no centro 23 anos.
13/5/2010 A empresa pretende evitar que a central manteña informados os/as traballadores/as sobre a súa realidade laboral
10-05-13 Concentración Vegalsa II
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante da sede de Vegalsa-Eroski no Polígono de Agrela para denunciar a política de represión sindical que a empresa está a pór en práctica. Dende a CIG-Servizos criticaron que Vegalsa vén de sancionar a unha delegada da central, baixo falsas acusacións, con 16 días de emprego e soldo, dentro dunha manobra para evitar que os traballadores e traballadoras sexan conscientes de que son os peores pagados/as do sector.