marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Servizos Servizos
4/5/2010 CIG-Servizos demanda un incremento salarial lineal para todas as categorías e que as dependentas, cun salario de 834 €, pasen a ser mileuristas en dous anos
10-04-30 comercio textil Pontevedra 1
O próximo venres día 7 de maio, ás 12:00 horas concentraranse, na rúa Príncipe de Vigo, delegados e delegadas do sector de comercio téxtil en demanda da negociación do convenio colectivo da provincia de Pontevedra, paralizado desde decembro de 2008.  Esta é a segunda mobilización convocada logo de que o pasado venres día 30 de abril se manifestaran polas rúas do centro de Vigo.
3/5/2010 Foi despedido un mes despois de rematar a folga de instalacións deportivas
10-04-29 concentración XADE
A CIG convocaba, o pasado xoves 29 de abril, unha concentración diante das portas da empresa XADE, que xestiona o Multiusos de Sar e o complexo deportivo de Santa Isabel, en demanda da readmisión do socorrista despedido un mes despois de rematar o conflito laboral que provocou a convocatoria dunha folga de 47 días de duración, nas instalacións deportivas de Galiza.
28/4/2010 Exixen a readmisión inmediata dunha traballadora despedida por formar parte dunha candidatura na Fundación ‘USC Deportiva’
10-04-27 Fundación USC Deporte 1
O pasado martes, día 27 de abril, representantes da CIG e da UGT concentrábanse diante do Rectorado da Universidade de Santiago para exixir a readmisión dunha traballadora da Fundación USC Deportiva, despedida o último día de presentación de candidaturas ás eleccións sindicais e que formaba parte dunha delas.
27/4/2010 CIG-Servizos lembra que o convenio de grandes almacéns permite cambiar os horarios do persoal para atender o traballo en domingo
Horarios comerciais
A CIG-Servizos vén de desmentir as afirmacións emitidas pola Asociación Nacional de Grandes Empresa de Distribución (Anged), nas que asegura que a decisión da Xunta de non permitir a apertura dos comercios máis domingos e festivos suporá deixar de crear 500 empregos. A Federación lembra que o propio convenio de grandes almacéns permite mudar os horarios dos traballadores/as para adaptalos ás aperturas en domingo, polo que resulta bastante incríbel que un xigante da distribución fose incrementar o seu cadro de persoal por dous días de traballo a maiores. As grandes superficies pretenden utilizar o argumento do emprego para acometer un novo atropelo contra os dereitos da clase traballadora e conseguir a liberalización total dos horarios comerciais.
23/4/2010 Denuncian a situación de indefensión na que se atopan, sen paro nin indemnización
10-04-23 Limpezas Panxón
Traballadoras/es do servizo de limpeza do CPI de Panxón e representantes da CIG pecháronse na mañá deste venres 23 de abril na consellaría de Educación, no edificio administrativo da Xunta de Galiza, para denunciar a situación de indefensión na que se atopan e demandar da administración unha solución a este conflito.
23/4/2010 A CIG xa tiña preparada a denuncia que demostraría a ilegalidade do procedemento seguido para impor estas aperturas
Piquete na Coruña (28-11-08) 17
Este xoves día 22 de abril celebrouse o Consello da xunta no que estaba previsto que o goberno anunciara que ía aprobar a autorización de apertura de catro domingos e festivos máis. Previamente, nunha reunión coa Directora Xeral de Comercio, os sindicatos comunicaron a total oposición a esta medida e anunciaron a súa intención de convocar mobilizacións e folga. Alén diso, a CIG xa tiña preparada a denuncia, logo de realizar un estudo do borrador de decreto que enviara a Xunta, que demostraría a ilegalidade do procedemento seguido para impor estas aperturas.