21/5/2012
Analizou tamén a situación sociolaboral das mulleres e presentou numerosas propostas de mellora para camiñar cara solucionar esta problemática
A secretaria de Muller, Margarida Corral,
compareceu o pasado mércores día 16 de maio, na Comisión non permanente para o
estudo da necesidade de racionalización dos horarios e da situación
sociolaboral das mulleres de Galiza. Unha comparecencia na que manifestou a
necesidade de facer unha aposta real e concreta pola conciliación dos tempos, “xa
que esta pode axudarnos a superar a brecha que separa o discurso da igualdade
de oportunidades, politicamente correcto, da práctica cotiá nas organizacións e
nos fogares”.
4/5/2012
Considera que o Plan de Dinamización Demográfica non dá resposta ás necesidades reais da sociedade galega
A
secretaria confederal de Muller da CIG, Margarida Corral, considera
que o Plan para a dinamización demográfica, entregado este venres no Parlamento
de Galiza pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, responsabiliza
á sociedade galega da baixa natalidade argüindo a súa falta de consciencia
sobre o problema -en función dos datos dunha enquisa-, mentres elude a
responsabilidade da propia administración, que alén de recortar todo tipo de
dereitos, non é sequera capaz de garantir un posto de traballo para a mocidade
galega, abocada á emigración para atopar un posto de traballo.
20/4/2012
Dirixidas a mulleres con fillos/as ao seu cargo de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo para apuntarse ás estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 16 de maio.
20/4/2012
Integra a medida nun Plan de apoio á muller “embarazada” á que se lle nega o dereito a ir ao especialista para facer a revisión postparto
Susana López Abella anunciou onte
na Comisión de Sanidade do Parlamento, na que compareceu para respostar a unha
pregunta do Grupo Parlamentario Popular, que “as crianzas non nacidas” contarán
como membros da unidade familiar á hora de pedir axudas á Xunta, co fin de
determinar o tipo e contido das prestacións públicas que lles corresponden. A
medida está encadrada no Plan integral de
apoio á muller embarazada 2012-2014, aprobado o pasado mes de xaneiro polo
Consello da Xunta.
13/3/2012
A empresa postal non vinculaba o aborto coa maternidade e deulle un trato de enfermidade común
O sector de Correos da CIG-Administración vén de dar a coñecer unha sentenza pola que se condena á empresa postal estatal á repor a totalidade do salario a unha traballadora á que, como consecuencia dun aborto, se lle aplicaron descontos en determinados complementos retributivos. Correos, explican dende o sector da CIG, non vinculaba o aborto coa maternidade e dáballe unicamente un trato de enfermidade común.
12/3/2012
A manifestación nacional percorreu as rúas de Compostela, desde a Estación de Tren até a praza da Quintana
Compostela acolleu, este domingo, a manifestación nacional convocada por diversas organización feministas galegas, entre elas a CIG, para conmemorar o 8 de marzo. Unha data na que, de novo, as mulleres galegas tiveron que saír á rúa para reclamar dereitos que parecían estar consolidados, como o dereito ao aborto, que hoxe está pendente dunha reforma, que o PP pretende aprobar, e que suporá un retroceso de anos.
8/3/2012
A Secretaría da Muller da CIG chama a participar na manifestación nacional do domingo 11 de marzo en Compostela
Delegadas e delegados da CIG concentráronse este xoves, con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, diante de edificios da administracións, centros de traballo e mutuas para denunciar os ataques e recortes dos dereitos da clase traballadora, que afectan de xeito especial ás mulleres. Estas mobilizacións enmárcanse no calendario de actos programados pola CIG como preparatoria da Folga Xeral do 29 de Marzo, e por iso, a campaña deste ano estase a desenvolver baixo o lema “As mulleres coa Folga Xeral. Xuntas podemos!”