marco
Watch this video!

Parados e traballadores da construción paralizan as obras do auditorio de Vigo

16/3/2010

Ás once e cuarto da mañá era a hora acordada, na estación de servizo de Beiramar, onde os traballadores parados do sector da construción e os delegados/as da CIG combinaran para levar adiante unha acción de protesta e denuncia da situación que se vive na Construción cun forte aumento do desemprego e unha precarización das condicións laborais, con constantes incumprimentos do convenio en canto a exceso de xornada, salario e contratación irregular.

 Nova Relacionada

Watch this video!

Rolda de prensa de CIG-Ensino valoración do decreto contra o galego

16/3/2010
A CIG-Ensino presentaba esta mañá, en rolda de prensa, a súa valoración do novo borrador de decreto contra o galego que incumpre non só o mandato estatutario, senón tamén a lexislación vixente na materia. Para a CIG-Ensino, supón un retroceso de 30 anos no proceso normalizador e, alén de manter as eivas do anterior, porque non recolle ningunha das propostas realizadas no período de consultas, proscribe o galego das materias científico-técnicas e introduce, por vez primeira, nun decreto de normalización, a obriga de impartir certas materias en español.
Watch this video!

Concentración diante da Consellaría de Educación en repulsa polo decreto contra o galego

14/3/2010
A CIG-Ensino denuncia que as liñas xerais do Decreto presentadas hoxe pola Consellaría de Educación, estaán ideadas para afastar o noso idioma dos centros de ensino e procurar o seu descoñecemento entre a mocidade, é un retroceso sen precedentes. Por primeira vez na historia da nosa lingua, un goberno galego atenta abertamente contra o proceso de normalización na educación procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. Fixa por primeira vez a obrigatoriedade de impartir as Matemáticas e a Física e Química e español. O Partido Popular afonda na súa política de fobia contra o galego e realiza unha ra involución manifesta para o noso idioma, despois de vinte e sete anos de Lei de normalización lingüística. Todas as consultas realizadas foron un auténtico fraude. A Consellaría non atendeu ás recomendacións que desde as distintas instancias: sindicatos, profesorado, universidades, traballadores da normalización, mesmo a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura, se lle trasladaron, pois todas elas viñeron a confluír nun punto común: o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da lingua galega aprobado por unanimidade do Parlamento galego hai seis anos. Ben ao contrario, a Consellaría ignora intencionadamente o devandito Plan, desprezando o traballo realizado polas comisións que nel traballaran no seu día e o significado da súa aprobación, que foi, nin máis, nin menos, que o apoio do pobo galego a este documento que gozou do máximo consenso da historia da lingua. Este borrador de Decreto bota por terra as valoracións dos expertos en canto á idoneidade de que a materia de matemáticas, fose unha das impartidas en galego, en tanto en canto a nosa lingua precisa de ser lingua vehicular de materias de recoñecido prestixio, como estratexia para mellorar a valoración social do noso idioma e traballar na erradicación da diglosia. Por está mesma razón se fixaba tamén a impartición da fisica e química en galego Esta actitude vén ser tamén un desprezo aos esforzos do profesorado que durante anos e anos procurou coa súa entrega e dedicación facerse coa formación necesaria para impartir docencia en galego. Como podemos explicar que máis de trinta anos despois de que algunhas profesoras e profesores comezasen dar as súas aulas de matemáticas en galego, cando se acadara que fose recollido no Decreto que regula o uso do noso idioma, o que significou un avance importante, hoxe o goberno que representa ás galegas e aos galegos elimine esa conquista?. Esta teima en reducir a presenza do noso idioma no ensino ten como obxectivo fundamental afastar a mocidade do coñecemento do seu idioma propio e da súa realidade identitaria. Esta situación dará lugar á perda de dereitos dos galego falantes, tanto do alumnado, que se verá privado de contar cunha presenza axeitada do noso idioma nas aulas, como de nós mesmos e os cidadáns do futuro, que non temos garantida a atención nin o futuro do noso idioma. Só a mala conciencia e covardía de quen sabe que actúa en contra o noso sinal máis importancia como galegos pode presentar un proxecto de decreto desta importancia un sábado. Unha vez máis tamén fracasaron do intento de evitar a resposta social. Máis de dúas mil persoas concentrámonos hoxe diante da Xunta para rexeitar este novo atentado contra o galego. A CIG-Ensino seguirá a esixir que non se produza ningún retroceso na presenza do noso idioma. Neste sentido, vén desenvolvendo unha campaña, no seo da Plataforma Queremos Galego, mediante a cal o profesorado galego está a declarar a súa vontade de seguir a dar as súas aulas en galego.
Watch this video!

Manifestación do 10 de Marzo en Vigo

11/3/2010

A Confederación Intersindical Galega celebrou o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, con manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos. Arredor de 20.000 persoas manifestáronse coa CIG, nas sete cidades, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando".

 

Nova relacionada
Watch this video!

Entrega do Premio 10 de Marzo 2010

10/3/2010

A Confederación Intersindical Galega celebrou este mediodía, a cuarta edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega. Un acto de confraternidade no decurso do cal a central sindical recoñeceu ás traballadoras e traballadores de Caramelo, que protagonizaron o conflito que máis sobresaíu no ano 2009, polo seu exemplo como loita sindical na defensa dos postos de traballo, na defensa dos seus dereitos como clase e na defensa da súa dignidade. Unha loita que a CIG agarda que sirva como exemplo para o futuro.

 

Nova relacionada